• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Cepesca renovan o seu acordo con produtos personalizados para o sector pesqueiro

  • A tramitación dos fondos Next Generation, a sostibilidade da actividade, a formación e a difusión son os aspectos fundamentais do novo convenio
  • A oferta crediticia medra e inclúe solucións tanto para facer investimentos como a renovación ou construción de buques, como para satisfacer as necesidades da actividade
20220211-abanca-convenio-cepesca

O presidente de Cepesca, Juan Manuel Liria, e o director de Empresas, Pemes e Banca Sectorial de ABANCA, Víctor Casal, renovan o convenio de colaboración en presenza doutros representantes de Cepesca e ABANCA.

Descarga en alta resolución

11-02-2022
Financiero

ABANCA e Cepesca renovaron un ano máis o convenio de colaboración que teñen en vigor ambas as organizacións. O obxectivo do convenio é dotar ao sector pesqueiro de produtos e servizos financeiros deseñados especificamente para as súas particularidades e necesidades.

Ambas as dúas entidades manifestaron, durante a sinatura, a especial importancia da renovación do convenio tendo en conta o contexto do sector que, unha vez remitida a situación creada pola pandemia de Covid-19, debe aproveitar a oportunidade que ofrece o chegada ao noso país dos fondos europeos de Next Generation, especialmente para afrontar proxectos de sostibilidade, dixitalización, eficiencia enerxética, descarbonización ou mellora das condicións a bordo dos pesqueiros.

Con este obxectivo, ABANCA conta cunha unidade específica, denominada Next Generation, que reúne toda a súa experiencia e coñecementos para a tramitación destes fondos europeos, así como a mobilización de recursos do Fondo Europeo Marítimo, Pesca e Acuícola (FEMPA) a través de produtos exclusivos para estes obxectivos. Un novo exemplo do papel que desempeña ABANCA como socio financeiro fiable, comprometido e sensible.

O acordo pon un foco especial na mellora da sostibilidade integral do sector. Cepesca e ABANCA impulsan así un dos retos esenciais do sector, a renovación da frota e a substitución de embarcacións por outras máis eficientes e respectuosas co medio ambiente e que ofrezan mellores condicións de vida a bordo, o que é posible grazas a produtos a medida como a hipoteca naval.

A este respecto, cómpre lembrar que a idade media da frota que faena no caladoiro nacional é de 34 anos, a que faena no caladoiro extracomunitario é de 18 anos, e a que faena fóra das augas da UE, 22 anos.

No encontro tamén se destacou por ambas as partes a especial implicación de ABANCA no financiamento especializado das organizacións de produtores, facilitando así as vías de financiamento para levar a cabo os plans anuais de produción e comercialización.

Por último, e como vén acontecendo dende a súa creación, o convenio tamén servirá para crear un marco de colaboración estable para impulsar actividades que dean visibilidade aos retos do sector, así como para abordar conxuntamente a celebración de todo tipo de xornadas e eventos sectoriais. Do mesmo xeito, ABANCA e Cepesca tamén colaborarán en diversos aspectos dentro da área de formación e difusión das mellores prácticas pesqueiras.

O director de Empresas, Pemes e Banca Sectorial de ABANCA, Víctor Casal Antón, e o presidente de Cepesca, Juan Manuel Liria Franch, foron os encargados de asinar a renovación do convenio de colaboración durante a celebración do último Consello de Administración de Cepesca. No acto tamén estiveron presentes os vicepresidentes e o secretario xeral da asociación de pescadores, Julio Morón, José María Gallart e Javier Garat, así como o director de ABANCA MAR, Javier Fraga.

Segundo Juan Manuel Liria, “para o sector, a renovación deste convenio manifesta a necesidade de contar cun socio financeiro capaz de comprender a nosa contorna e peculiaridades para poder ofrecer solucións a medida. Esta capacidade -engade Liria-, é especialmente importante no contexto actual que obriga ao sector a afrontar importantes retos para os que contar con capacidade financeira é fundamental. ABANCA é un socio fiel no que se pode confiar e que sempre está disposto a apoiar ao sector pesqueiro nos seus investimentos”.

Pola súa banda, Víctor Casal subliñou que “estamos nun momento clave para o sector, que aborda un proceso xeral de renovación da flota e que precisa de solucións a medida para cumprir os requisitos de sostibilidade e competitividade. Con este novo texto, os armadores de Cepesca acceden a solucións a medida e á atención especializada de ABANCA Mar, que son unha garantía para afrontar os profundos retos que xorden tras a pandemia”.

Acerca de CEPESCA

Cepesca, a organización empresarial nacional máis representativa da Unión Europea, agrupa a 39 asociacións de armadores de buques pesqueiros tanto de baixura como de alta mar, con máis de 800 empresas pesqueiras, 859 embarcacións, máis de 10.000 tripulantes e unha tonelaxe superior a máis de 217.000 GT. Entre os seus obxectivos, busca mellorar a competitividade das empresas pesqueiras, apostar pola formación de tripulantes e o relevo xeracional, promover o desenvolvemento dunha pesca responsable e sostible e loitar contra a pesca ilegal.

Sobre ABANCA

ABANCA é a entidade financeira de referencia no noroeste peninsular. A través da súa unidade especializada ABANCA Mar, creada en 2016, ofrece unha proposta de valor única no sector na que combina un amplo coñecemento, unha atención especializada a través de responsables altamente formados e un catálogo de produtos adaptado ás súas necesidades.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Fitch mellora a perspectiva de ABANCA e a sitúa en estable

10-09-2021
Financiero

Fitch basea a súa decisión na mellor posición relativa de ABANCA fronte aos seus pares do sector en canto a calidade de activos, nos seus satisfactorios cocientes de capital, e na súa adecuada estrutura de financiamento e liquidez.

20201119-abanca-asg

Moody’s sitúa a ABANCA en grao de investimento con perspectiva estable

13-07-2021
Financiero

A axencia de cualificación Moody’s Investor Service aumentou un chanzo o rating a longo prazo (Long - term Bank Deposits) de ABANCA de Ba1 a Baa3, situándoo en grao de investimento, á vez que mantivo a súa perspectiva estable.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)