• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e EnergyLab únense para promover a eficiencia enerxética nas pemes

  • O banco ofrecerá financiamento vantaxoso para investimentos en materia de sustentabilidade enerxética ao amparo do proxecto H2020 ESI Europe e a súa solución ‘GoSafe with ESI’ impulsados polo centro tecnolóxico
20200514-abanca-g10

Imaxe dunha oficina de ABANCA.

Descarga en alta resolución

14-05-2020
Negocio

ABANCA e o centro tecnolóxico EnergyLab alcanzaron un acordo de colaboración para promover a eficiencia e a sustentabilidade enerxética no tecido empresarial. En base a esta alianza, o banco ofrecerá financiamento en condicións especiais ás pemes que realicen investimentos para incrementar os aforros de enerxía nas súas instalacións no marco do proxecto H2020 ESI Europe, impulsado por EnergyLab.

Os termos da colaboración entre ambas as entidades e a súa oferta financeira asociada reflíctense nun protocolo asinado polo director xeral de EnergyLab, Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, e o coordinador de Institucional de ABANCA en Vigo, José Luis Romero Quiroga.

Grazas a este acordo, as pemes dos sectores industrial, terciario e de transporte que teñan previsto acometer investimentos en enerxías sostibles ou de optimización da eficiencia nos consumos das súas instalacións poderán beneficiarse de préstamos persoais de ata 12 anos de prazo a baixo tipo de xuro e con posibilidade de carencia, así como avais e liñas de financiamento para o pago a provedores (confirming) en condicións vantaxosas.

Ademais, as empresas poderán optar, ao amparo deste convenio, ás diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con ICO e as sociedades de garantía recíproca ( SGR) Sogarpo, Afigal, SGR Iberaval e a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).

Seguro de aforro de enerxía

O proxecto H2020 Energy Savings Insurance (ESI) Europe, lanzado en 2018 pola Axencia de Basilea para a Enerxía Sostible (BASE), pretende impulsar o investimento en eficiencia enerxética a través dun seguro de aforro de enerxía en Europa. EnergyLab encárgase do despregamento en España deste proxecto, que tamén se impulsa neste momento en Italia e Portugal. O modelo ESI diríxese ás pemes e crea as condicións para que substitúan sistemas antigos e ineficientes por novas tecnoloxías de eficiencia enerxética. O resultado do proxecto é o desenvolvemento de ‘GoSafe with ESI’, unha solución integral que garante a obtención de aforros enerxéticos comprometidos no proxecto, minimizando os riscos dos investimentos en eficiencia enerxética.

O apoio de ABANCA a este proxecto enmárcase na súa estratexia de compromiso co medio ambiente e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. É unha das entidades que subscribiron os Principios de Banca Responsable da Iniciativa Financeira do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Na súa actividade financeira, ABANCA traballa para impulsar unha economía sostible e baixa en emisións. Entre outras accións, a entidade creou novos produtos e servizos en base a criterios de sustentabilidade ambiental e compromiso social, participa en proxectos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima e apoia, a través do financiamento, proxectos de enerxías renovables, mellora da eficiencia enerxética e investimentos sostibles na cadea de valor do mar.

EnergyLab é unha fundación de carácter privado sen ánimo de lucro que desenvolve actividades de I+D+i desde setembro de 2008, cuxa actividade se centra en mellorar a competitividade do tecido empresarial mediante o desenvolvemento de proxectos innovadores que permitan mellorar o desempeño enerxético e reducir o impacto ambiental das súas actividades.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

30-03-2023
Negocio

A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo.

20230329-abanca-poligonos

ABANCA e as principais organizacións agrarias de León renovan a súa colaboración con estratexias para reactivar o sector

27-03-2023
Negocio

ABANCA segue reforzando o seu compromiso co sector primario leonés e traza, un ano máis, unha estratexia en común con ASAJA León, UCALE-COAG León, UCCL León e UGAL-UPA León para reactivar o sector e responder aos seus desafíos

20230327-abanca-convenios-leon-asaja-01

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)