• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Lanzadera unen as súas forzas para buscar startups fintech e insurtech

  • As candidaturas seleccionadas recibirán apoio e formación por parte de ambas as entidades durante un período de 11 meses durante o cal desenvolverán unha proba de concepto
  • Os emprendedores poderán propor os seus proxectos ás entidades a partir do 3 de decembro
  • ABANCA convértese así na primeira empresa do sector financeiro en pechar un acordo Corporate con Lanzadera
20190927-abanca-firma-lanzadera-1

De esquerda a dereita: Patricia González, xerente da dirección de Proxectos-Participadas de ABANCA; Javier Carral, director de Participadas de ABANCA; Javier Jiménez, director xeral de Lanzadera; Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA; Ismael Valero, responsable de Lanzadera Corporate;Rosa Seoane, gerente de ABANCA Innova; y Emilia Carballeira, especialista da dirección de Control-Participadas de ABANCA.

Descarga en alta resolución

08-10-2019
Corporativo

ABANCA, entidade financeira líder no noroeste de España, e Lanzadera, a aceleradora de empresas impulsada por Juan Roig, chegaron a un acordo de colaboración para apoiar a emprendedores que poidan achegar solucións innovadoras nos sectores fintech e insurtech – novos servizos financeiros e de seguros, respectivamente –. A iniciativa enmárcase no programa Corporate de Lanzadera que impulsa startups con ideas novas da man de grandes compañías.

Durante o programa de aceleración, de ata 11 meses de duración, ambas entidades ofrecerán formación, apoio e asesoramento aos equipos seleccionados. Ademais, as empresas disporán dunha bolsa económica para desenvolver unha proba de concepto con ABANCA durante o programa. A entidade financeira porá en contacto aos emprendedores con profesionais do seu equipo e daralles acceso a recursos técnicos e aos seus centros de traballo para a implantación do seu produto ou servizo. Lanzadera, pola súa banda, porá á súa disposición un director de proxectos e persoal especializado en diferentes áreas que apoiará aos seleccionados no desenvolvemento do seu proxecto.

A aceleradora proporcionará ao emprendedor, ademais, formación no Modelo de Xestión de Calidade Total, acceso a relatorios e eventos, e dispoñibilidade total das súas instalacións. Os equipos seleccionados contarán así cunha zona de traballo e contacto continuo con outros emprendedores. Este programa é ‘equity-free’, polo que as startups non terán que ceder ningunha porcentaxe da súa empresa.

“Desde Lanzadera estamos moi contentos con este acordo, xa que nos permitirá apoiar xunto a unha entidade tan recoñecida como ABANCA a empresas capaces de innovar en servizos financeiros e seguros. A disrupción tecnolóxica abriu novos horizontes nestes sectores e queremos que as startups seleccionadas acheguen solucións innovadoras á compañía”, afirma Javier Jiménez, director xeral de Lanzadera.

Para ABANCA, en palabras do seu director de Innovación, Eduardo Aldao, “o acordo con Lanzadera vainos a permitir chegar a moitos máis emprendedores e empresas emerxentes de toda España, ademais de unir toda a experiencia en emprendimiento empresarial da principal aceleradora de empresas a nivel nacional coa nosa propia experiencia en innovación e aceleración de startups no sector financeiro e de seguros”.

Os candidatos poden ampliar a información sobre este programa Corporate na web de Lanzadera, onde poderán inscribirse a partir do próximo 3 de decembro. O programa arrincará en maio de 2020 e, para o mesmo, Lanzadera e ABANCA aceptan propostas en calquera grao de madurez -desde ideas a proxectos consolidados- . ABANCA convértese así na primeira empresa do sector financeiro en pechar un acordo Corporate con Lanzadera.

Sobre Lanzadera/Mariña de Empresas

A incubadora e aceleradora de startups Lanzadera forma parte, xunto con EDEM Escola de Empresarios e a sociedade de investimento Angels, do polo de emprendemento Marina de Empresas. Trátase dunha iniciativa de Juan Roig, situada na Mariña de València, que ten a misión de formar, asesorar e financiar aos emprendedores de hoxe e do futuro e que constitúe unha aposta pola creación de riqueza, o emprego e o fomento da cultura do emprendemento.

Lanzadera ofrece diferentes programas en función da tipoloxía e da madurez das empresas e os proxectos. Ademais, conta con acordos Corporate con outras 9 grandes compañías de proxección internacional e de diversos sectores nos que se brinda aos emprendedores a posibilidade de resolver novos retos de innovación que estas expoñen. Para formar parte dos programas, os emprendedores poden enviar o seu proxecto a www.lanzadera.es

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.