• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Microsoft activan o desenvolvemento de blockchain en Galicia

  • Con esta tecnoloxía, a entidade financeira continúa avanzando na súa transformación dixital
  • O banco e a tecnolóxica compartirán tres xornadas de traballo e análise sobre blockchain
  • O obxectivo de ABANCA é que Galicia sexa líder no uso e aplicación de blockchain
20170118-abanca-microsoft-blockchain-1

Ponentes e público asistente a unha das actividades organizadas por ABANCA e Microsoft.

Descarga en alta resolución

20170118-abanca-microsoft-blockchain-2

Representantes de Microsoft e ABANCA na presentación das xornadas.

Descarga en alta resolución

18-01-2017
Corporativo

ABANCA e Microsoft analizan esta semana en Galicia o presente de blockchain, a tecnoloxía que está a cambiar as transaccións dixitais ao permitir o intercambio de calquera activo dixital de forma segura optimizando procesos, eliminando intermediarios, aforrando custos e reducindo posibles fraudes.

Ademais do evento externo ‘Revelando o potencial de blockchain’, no que participarán as empresas máis relevantes de Galicia, ABANCA e Microsoft liderarán un evento de hackaton e dúas xornadas internas de traballo para explorar a potencialidade da tecnoloxía blockchain no día a día do banco.

Co uso de blockchain, ABANCA continúa avanzando na súa transformación dixital. “Un dos alicerces fundamentais da estratexia dixital de ABANCA é ofrecer aos nosos clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora, tentando incorporar as últimas novidades e tendencias do mercado. Por iso queremos desenvolver todas as posibilidades que ten o mecanismo blockchain na actividade financeira”, sinala o director xeral de TI do banco, José Manuel Valiño.

Microsoft, socio estratéxico clave para habilitar blockchain como servizo

Microsoft e ABANCA presentan en Galicia o desenvolvemento da tecnologia blockchain nun momento no que a transformación dixital é a clave da competitividade empresarial. Neste contexto, a adopción de novos procesos é imprescindible para responder as necesidades do mercado e dos consumidores.

O obxectivo de ABANCA é axudar a que a comunidade galega sexa líder no uso e aplicación desta tecnoloxía. Galicia é, segundo Microsoft, unha das comunidades máis punteiras no ámbito tecnolóxico. A compañía colabora activamente con máis de 250 partners tecnolóxicos en Galicia; trátase de compañías que desenvolven software e proporcionan servizos de consultoría baseados na tecnoloxía de Microsoft ás empresas galegas.

A misión de Microsoft como socio tecnolóxico estratéxico é proporcionar valor diferencial mediante a entrega de solucións que dan resposta ás necesidades do día a día das organizacións. Como explica Pablo Junco, especialista en tecnoloxía blockchain de Microsoft Corporation: “O noso obxectivo é axudar a transformar a maneira en que se fan os negocios hoxe. Con blockchain podemos facilitar esa axilidade cun sistema máis aberto, transparente e verificable publicamente, que cambia de forma radical a maneira na que pensamos sobre o intercambio de valores e activos e sobre como facer cumprir contratos e compartir datos entre as industrias, cumprindo todas as regulacións en materia de seguridade, privacidade e transparencia”. O directivo de Microsoft engadiu: “Cremos firmemente que con blockchain sobre Azure abriremos novas oportunidades de ingresos para as empresas. A desintermediación está a transformar industrias, e blockchain permitirá evolucionar a un modelo que ofreza servizos de valor engadido, centrándose na relación cos clientes.”

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.