• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e o Foro Marítimo Vasco exploran novas fórmulas de financiamento para o sector

  • O banco e a institución impulsan alternativas de crédito que responden as necesidades do colectivo
  • A entidade financeira, que se incorporou como socio do organismo este mesmo ano, organizou recentemente nunha xornada na sede do Foro para dar a coñecer a súa oferta adaptada ao segmento
10-07-2018
Negocio

ABANCA e o Foro Marítimo Vasco rubricaron esta mañá na sede do organismo un novo convenio de colaboración que dá resposta ás necesidades do colectivo cunha oferta financeira vantaxosa e específica.

O director xerente do Foro Marítimo Vasco, Javier López de Lacalle, e o director do Centro de Empresas de ABANCA en Bilbao, Miguel Fernandino Salazar, rubricaron hoxe na capital biscaíña un acordo que supón un novo paso na liña de colaboración que manteñen ambas as entidades.

Os case 150 asociados, que representan a preto de 240 empresas deste sector, poderán acceder a algún dos produtos deseñados polo banco para o colectivo. ABANCA activa desde este momento unha póliza de crédito específica con xuros moi baixos e sen comisións, pensada para facer fronte á falta puntual de ingresos.

Toda a oferta de ABANCA para o colectivo tamén inclúe préstamos persoais sen xuros ou comisións con amplos prazos de amortización, produtos para aprazar o pago de impostos, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou desconto comercial.

O texto asinado tamén dá entrada a produtos demandados polo colectivo para acometer investimentos. É o caso da hipoteca naval, pensada especificamente para dar resposta ao proceso de renovación de frota que vive o sector. Trátase dunha alternativa de financiamento flexible, con amplos prazos de amortización e adaptada a importes elevados.

Unha estreita colaboración

A entidade financeira incorporouse como socio do organismo no primeiro trimestre deste ano. Precisamente tras producirse esa entrada, ABANCA e o Foro Marítimo Vasco organizaron unha xornada para medio cento de empresarios centrada en dar a coñecer a proposta e a experiencia do banco no mundo do mar. Neste acto participaron o director de ABANCA Empresas e Pemes, Víctor Casal, o director de Banca Corporativa e Especializada de ABANCA, Marcos Oubiña; e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga.

O banco lanzou hai case dous anos a súa unidade especializada ABANCA Mar, que se centra en dar respostas a toda a cadea de valor do sector. Este compromiso da entidade financeira co segmento inclúe desde produtos deseñados ad hoc para as necesidades do colectivo até xestores altamente formados.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA activa liñas de financiamento sostible para os agricultores do Bierzo

05-08-2021
Negocio

A entidade financeira pon ao dispor da Asociación Berciana de Agricultores opcións de crédito para mellorar a eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías limpas.

20210805-convenio-aba

ABANCA lanza o seu terceiro fondo de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras

23-07-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA reforzará o seu catálogo de produtos de investimento sostible co lanzamento dun novo fondo de investimento marca ABANCA vinculado á loita contra o cambio climático e a descarbonización da economía.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)