• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Boletín de economía
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Rio Natura Monbus Obradoiro renovan o seu convenio

  • A entidade financeira e o club de baloncesto consolidan a súa colaboración e amplían o acordo por tres anos máis
  • Os seareiros do equipo compostelán que paguen as súas entradas con tarxetas de ABANCA beneficiaranse dun 5% de desconto
20151113-abanca-obradoiro-1

De esquerda a dereita, o ala-pívot de Rio Natura Monbus Obradoiro, Angelo Caloiaro; o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o conselleiro do club, Rafael Silva; e o adestrador do conxunto, Moncho Fernández.

Descarga en alta resolución

20151113-abanca-obradoiro-2

De esquerda a dereita, o ala-pívot de Rio Natura Monbus Obradoiro, Angelo Caloiaro; o adestrador do conxunto, Moncho Fernández; o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o conselleiro do equipo, Rafael Silva; e o director xeral do club, José Luis Mateo.

Descarga en alta resolución

13-11-2015
Corporativo

ABANCA e Rio Natura Monbus Obradoiro asinaron esta mañá a renovación do convenio de patrocinio que liga á entidade financeira co club de baloncesto galego. A rúbrica, que tivo lugar en instalacións de ABANCA na capital, contou coa presenza do director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, o director xeral do club, José Luis Mateo, e o conselleiro Rafael Silva. No acto tamén participaron o adestrador do conxunto, Moncho Fernández, e o ala-pívot Angelo Caloiaro.

Grazas a este texto, o banco con sede en Galicia segue colaborando co único equipo galego que milita na Liga Endesa. Esta alianza estratéxica, que se estenderá inicialmente por tres temporadas máis, permitirá a ABANCA manter o seu espazo na parte posterior da camiseta, así como unha área publicitaria destacada no Multiusos Fontes do Sar.

A presentación tamén serviu para anunciar que os clientes de ABANCA poderanse beneficiar dun desconto do 5% se pagan as súas entradas para ver o Rio Natura Monbus Obradoiro con tarxetas da entidade financeira.

Para o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, “o acordo é unha aposta de presente e futuro, que conta cunha clara vocación de permanencia”. Carneiro tamén destacou “a abafadora traxectoria de compromiso de ABANCA co mundo do deporte en Galicia” e valorou positivamente “dende os acordos cos grandes equipos, como é este que presentamos, ata o apoio ao deporte base”.

Pola súa parte, Rafael Silva, conselleiro do club, fixo énfase en que a entidade, que agora segue ao lado do club, “tamén estivo nos momentos máis difíciles do club, como na concesión dun préstamo para aboar o canon de Ascensos e Descensos da ACB co único aval das empresas do Consello de Administración e non de institucións públicas”. Silva recordou que “para o club é un orgullo levar no seu equipamento o nome de entidades que queren traballar por Galicia, como é o caso de ABANCA, e que percorrerá este camiño co club e a masa social para facer crecer ese sentir común”.

Tamén tivo palabras positivas Moncho Fernández, técnico do club, que recordou “como obradoirista” a importancia de que “entidades da talla de ABANCA se impliquen nun proxecto que se vai estabilizando pouco a pouco na Liga Endesa”.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA amplía a súa participación en Nueva Pescanova ata un 9%

17-04-2018
Corporativo

ABANCA duplicou a súa participación na empresa galega Nueva Pescanova con dúas compras realizadas nas últimas semanas a Deutsche Bank e a Bankia.

Fitch mellora a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva

27-03-2018
Corporativo Financiero

A axencia de cualificación Fitch Ratings mellorou a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva en base ao aumento da calidade dos activos e da rendibilidade recorrente da entidade.

20180327-abanca-calificacion-1

Elementos da mediateca relacionados:

Palabras para Galicia 2017. Intervención Juan Carlos Escotet 01

Fragmento da intervención do presidente de ABANCA na segunda edición de Palabras para Galicia.

Palabras para Galicia 2017. Intervención Juan Carlos Escotet 02

Fragmento da intervención do presidente de ABANCA nla segunda edición de Palabras para Galicia.

Palabras para Galicia 2017. Intervención Gustavo Dudamel.

Fragmento da intervención do director Gustavo Dudamel na segunda edición de Palabras para Galicia.

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Xestor de colas

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Francisco Botas repasa en IESIDE as claves da transformación de ABANCA

Franciso Botas explica os eixos estratéxicos que fan sostible e pegada á terra á entidade financeira.

Francisco Botas repasa en IESIDE as claves da transformación de ABANCA

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, explica todo o que leva feito ABANCA para ter unha evolución exitosa.

ABANCA, Celta e Deportivo presentan unha nova edición da iniciativa ‘Imposible sen ti’ para promover a cordialidade no derbi

O xogador do Celta, Jonny Castro, fala sobre o derbi e sobre a campaña 'Imposible sen ti'.

Presentación ABANCA Innova

Presentación del proyecto creado por el banco para fomentar el desarrollo de las nuevas tecnologías.

Presentación do Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica

Presentación coas principais variables que recolle o Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica.

Programa Xornadas AECA-ABANCA

Programa Xornadas AECA-ABANCA

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2018 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (2 for 1)