• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e UCCL colaboran cunha estratexia común para reactivar o sector agrario fronte á sequía e o aumento dos custos dos insumos

  • O banco e Unión de Campesinos Castilla y León traballan en conxunto para favorecer a sostibilidade e mellora das explotacións agrarias
  • Ambas entidades traballan para responder a desafíos como o aumento dos custos dos insumos, o conflito en Ucraína, que segue aumentando a volatilidade dos mercados, ou a sequía
20230509-abanca-convenioucclcastillayleon

O acordo foi firmado, coincidindo coa feira Expobiomasa de Valladolid, polo director territorial de ABANCA en Castela e León, Marcos Lamas, e o coordinador xeral de Unión de Campesinos Castilla y León UCCL, Jesús Manuel González.

Descarga en alta resolución

10-05-2023
Negocio

ABANCA da un paso máis no seu compromiso co sector primario de Castela e León e traza unha estratexia común para impulsar a súa mellora e recuperación a través da firma dun convenio de colaboración coa Unión de Campesinos Castilla y León UCCL. O obxectivo principal deste acordo é reactivar o sector e responder aos desafíos aos que se enfronta, como o aumento dos custos dos insumos, a continuidade no aumento da volatilidade dos mercados debido ao conflito en Ucraína e a forte sequía que está afectando ás explotacións da rexión.

O acordo foi firmado, coincidindo coa feira Expobiomasa de Valladolid, na que ABANCA conta con stand propio, polo director territorial de ABANCA en Castela e León, Marcos Lamas, e o coordinador xeral de Unión de Campesinos Castilla y León UCCL, Jesús Manuel González.

O convenio establece unha serie de fórmulas de crédito deseñadas e creadas especificamente para os agricultores e reflicten o compromiso do banco e de UCCL Castilla y León coa sostibilidade. Nel tamén se recollen unha serie de produtos e servizos que permitirán poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Para facer isto posible, ABANCA pon a disposición dos agricultores beneficiarios unha serie de préstamos persoais, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos.

O acordo tamén detalla unha serie de liñas específicas para potenciar o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como leasing mobiliario, desconto comercial, préstamos para primas de seguros agrarios e diferentes alternativas de financiamento dos convenios co ICO, SGR nacionais, Instrumento Financiero de Gestión Centralizada do MAPA e SAECA.

Os integrantes de UCCL contarán con diferentes solucións para facer fronte aos retos da súa actividade diaria, como os préstamos anticipo para colleitas ou subvencións, a póliza de crédito específica para o sector, préstamos para os gastos de campaña ou anticipos para as axudas da PAC. Estes servizos permitirán aos agricultores diminuir os efectos causados polo aumento dos custos dos insumos xurdidos como consecuencia do conflito bélico en Ucraína e a forte sequía que está afectando á rexión. A través deste acordo, tamén poderán gozar das vantaxes do Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.

Xestores especializados e axudas PAC

ABANCA pon a disposición de UCCL Castilla y León a súa unidade especializada ABANCA Agro e ofrece así a cercanía e experiencia de xestores propios especificamente formados nas necesidades do campo, coa capacidade de crear produtos específicos para solventar situacións e necesidades imprevistas e asesorar aos agricultores. A través da firma deste convenio, tanto ABANCA como UCCL Castilla y León pretenden facilitar a domiciliación dos pagamentos e ofrecer alternativas de crédito para o seu anticipo aos agricultores. Con este anticipo poderán optar ata ao 90% do importe da axuda de forma rápida. O banco simplificou os trámites de acceso ás principais liñas de financiamento de circulante, como anticipos das axudas PAC, financiamento de primas de seguros agrarios ou gastos de campaña a través dun novo produto que permite ao cliente un importante aforro dos custos de formalización, entre outras vantaxes.

A firma deste acordo é unha mostra máis do compromiso que mantén ABANCA coa economía de Castela e León, en especial co sector primario, fundamental e esencial en toda a rexión.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA potencia o seu catálogo de investimento para banca privada co fondo de renovables Dunas Clean Energy I, FCR

09-05-2023
Negocio

O banco amplía as súas opcións de investimento alternativo e segue avanzando na súa estratexia de apoio á descarbonización da economía no marco do seu Plan de Acción de Banca Sostible e Responsable 2021-2024.

20220621-abanca-4

ABANCA e Cepesca renovan o seu acordo para prover o sector de servizos e produtos financeiros a medida

26-04-2023
Negocio

ABANCA e Cepesca renovaron un ano máis o seu convenio de colaboración co obxectivo posto en proporcionar aos asociados da patronal española asesoramento e produtos e servizos financeiros especificamente deseñados para as súas particularidades.

20230426-abanca-convenio-cepesca

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)