• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA entrega na Guarda e Santiago os premios do proxecto de educación financeira Segura-Mente ABANCA

  • A Obra Social ABANCA puxo en marcha este curso a iniciativa co fin de acercar aos escolares a cultura da prevención
  • Os equipos de 5º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda e de 4º de ESO do colexio Divino Maestro de Santiago presentaron os mellores traballos
20190620-entrega-premio-seguramente-a-guarda

Grupo de 5º de Primaria do CEIP As Solanas da Guarda co seu premio.

Descarga en alta resolución

20190620-abanca-seguramente-santiago

O equipo de 4º de ESO do colexio Divino Maestro no acto de entrega do galardón.

Descarga en alta resolución

20-06-2019
RSC

A Obra Social ABANCA vén de entregar os premios da primeira edición do proxecto de educación financeira Segura-Mente ABANCA ao CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo da Guarda e ao Centro Plurilingüe Colexio Divino Maestro de Santiago de Compostela, gañadores do concurso nas categorías de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO e FP Básica, respectivamente.

Os traballos presentados polos equipos destes dous centros escolares galegos destacaron entre todos os recibidos pola súa orixinalidade, singularidade e calidade, así como pola súa creatividade. Nesta primeira edición do programa participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 años de 274 centros escolares de toda España.

O director da oficina de ABANCA na Guarda, Juan Jesús González, foi o encargado de realizar a entrega do galardón, unha experiencia educativa para gozar en grupo, á clase de 5º de Primaria do CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo. No acto participaron tamén Iris Gómez e Gloria Baz, as dúas profesoras que lles deron apoio para realizar o mural colaborativo no que reflectiron todas as cousas que lles gustaría asegurar.

O equipo de 4º de ESO do colexio Divino Maestro de Santiago e as súas profesoras Elvira García, Raquel Rey e Mónica Fernández recibiron tamén o seu premio, outra experiencia educativa para toda a clase, da man de Sonia Lucio, directora comercial de ABANCA Seguros, e Ana Mirás Chico, directora da oficina Santiago-Rosalía de Castro de ABANCA. Nesta categoría, os estudantes elaboraron un completo proxecto para crear unha start-up no ámbito dos seguros pensada por e para adolescentes, no que incluíron o nome e logotipo da empresa, o seu modelo de negocio, a estratexia de mercado e o público obxectivo ao que se dirixía.

Aposta pola educación financeira

O programa Segura-Mente ABANCA foi unha das grandes apostas do banco no ámbito da educación financeira para este curso escolar, xunto co programa de simulación empresarial Young Business Talents. O obxectivo principal da iniciativa é sensibilizar a nenos e mozos na cultura da prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros como unha inversión ante os imprevistos da vida, de acordo coas recomendacións da OCDE para mellorar a educación financeira da cidadanía e capacitar ás próximas xeracións para tomar decisións informadas na vida adulta.

O certame desenvolveuse a través da web www.programaseguramenteabanca.com para facilitar a participación do maior número de escolares posible, independentemente da súa situación xeográfica. Neste espazo facilitouse aos docentes o material didáctico necesario para traballar os contidos nas aulas e desenvolver o traballo final.

A iniciativa forma parte do programa de educación financeira que desenvolve a Obra Social ABANCA desde 2015, que se caracteriza por ser universal e inclusivo, cunha ampla variedade de actividades dirixidas a mellorar a cultura financeira dos diferentes colectivos sociais, desde a infancia ata os maiores de 60 anos.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA amplía as actividades de educación financeira para escolares coa produción teatral ‘Troya’

21-10-2019
RSC

As fraudes e os riscos asociados ao uso da tecnoloxía son o eixo central desta montaxe do que van gozar máis de 9.700 nenos e nenas de toda Galicia.

20191021-troya-pontevedra-02

Juan Carlos Escotet: “O sector financeiro actúa para atender a demanda social dun modelo económico máis sostible”

18-10-2019
RSC

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, interveu esta mañá na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles de ABANCA, que se celebra na sede de Afundación na Coruña coa participación de reguladores, científicos, expertos legais e empresas de diferentes sectores

abanca-jornada-finanzas-fostenibles-1

Elementos da mediateca relacionados:

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, interveu esta mañá na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

Adhesión de ABANCA aos Principios de Banca Responsable

22.09.2019. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, sobre a adhesión do banco aos Principios ...

ABANCA entrega ao CEIP As Solanas de A Guarda o premio do proxecto de educación financiera Segura-Mente ABANCA

20.06.2019. O grupo de 5º de Primaria do CEIP As Solanas de A Guarda recibiu o su premio da man do director da oficina de ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, durante a introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, durante a introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, durante a introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

Discurso Juan Carlos Escotet introducción I Jornada Finanzas Sostenibles ABANCA

Discurso Juan Carlos Escotet introducción I Jornada Finanzas Sostenibles ABANCA

An Overview of IESIDE

Folleto informativo sobre IESIDE (PDF navegable en inglés).

Estudio cualitativo séniors activos

Estudio cualitativo sobre hábitos, intereses e preocupacións dos maiores de 55 anos realizado pola consultora Big Band e ...

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)