• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA estrea o seu modelo de oficina en Valencia cun novo espazo na praza do Concello

  • A entidade financeira incorpora ao seu centro de referencia na cidade os últimos avances despregados para ofrecer un servizo máis especializado aos seus clientes
  • Conta con xestores especializados que traballan á medida das necesidades de particulares, autónomos, pemes, grandes empresas e institucións
  • A nova oficina reforza a presenza do banco na Comunitat Valenciana, onde xa conta con catro oficinas para particulares e tres para empresas
20190125-abanca-oficina-valencia

Novos espazos da oficina Valencia-Praza Concello.

Descarga en alta resolución

20190125-abanca-oficina-valencia-2

Novos espazos da oficina Valencia-Praza Concello.

Descarga en alta resolución

20190125-abanca-oficina-valencia-3

Novos espazos da oficina Valencia-Praza Concello.

Descarga en alta resolución

25-01-2019
Negocio

ABANCA desprega en Valencia por primeira vez o seu novo modelo de oficina, máis tecnolóxica e especializada, tras completar nos últimos días as obras de reforma dun inmoble emprazado na praza do Concello da capital. O novo espazo conta con dous andares que suman case 650 metros cadrados destinados á atención ao público.

Esta transformación integral do espazo segue o novo modelo de oficina que ABANCA está implantando nos seus centros máis singulares. Trátase dunha concepción vangardista onde o cliente é o protagonista e cuxo obxectivo é mellorar a atención, implantar as solucións tecnolóxicas máis innovadoras do mercado e ofrecer maiores prestacións a empregados.

Un dos aspectos máis rechamantes do novo centro, emprazado nun lugar privilexiado de Valencia, é que aposta por potenciar a transparencia e é por iso que elimina os despachos. No seu lugar, a nova oficina conta con cinco salas de reunións adaptadas ás necesidades dos clientes. A vocación comercial está reflectida en sete espazos de atención para clientes nos que os empregados dan resposta en mobilidade con dispositivos Surface. As instalacións do novo espazo complétanse con 33 postos de xestión para as operacións non presenciais e dos postos para atender as operacións máis transaccionais e o efectivo.

Un impulso á especialización da atención

O estreo da oficina máis emblemática de ABANCA en Valencia é tamén a posta en escena da aposta da entidade financeira pola especialización e as respostas adaptadas a cada segmento. As novas instalacións albergan a oficina de particulares, pero tamén o Centro de Empresas de Valencia, así como xestores especializados en banca institucional ou banca corporativa.

A transformación integral foi aproveitada tamén para gañar en axilidade á hora de realizar as operacións máis habituais. As novas instalacións estrean un caixeiro de última xeración que permite, ademais de retiradas, realizar ingresos en firme, pagos de recibos en efectivo e outras operativas con moedas.

A estratexia de dixitalización do banco complétase nesta oficina habilitando outros espazos para que os clientes realicen de maneira autónoma as súas operacións máis habituais. As instalacións incorporan unha rede WIFI gratuíta.

A entidade financeira mantén na Comunitat Valenciana catro oficinas en Castellón, Valencia e Alicante. Esta oferta complétase con tres espazos para empresas, un en cada unha das capitais de provincia.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA presenta ás confrarías do sur da Coruña as súas opcións de crédito para renovación de flota e sostibilidade pesqueira

23-10-2019
Negocio

ABANCA vén de reforzar a alianza financeira que mantén coas confrarías de pescadores da zona sur da Coruña. A entidade financeira firmou hoxe cos pósitos de Barbanza, Noia, Muros, Fisterra e Terra de Soneira novos convenios de colaboración con distintas opcións de crédito adaptadas ás particularidades deste colectivo e orientadas a mellorar a súa competitividade.

20191023-cofradias-santiago

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións e estrea novas oficinas corporativas para a súa división de seguros

22-10-2019
Negocio

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, presentaron hoxe os últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu negocio asegurador, unha das liñas clave na actividade do banco.

20191022-abanca-seguros-1

Elementos da mediateca relacionados:

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións

22.10.2019. Presentación dos últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu negocio asegurador, unha das liñas clave ...

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, interveu esta mañá na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

ABANCA e CGD pechan a compravenda de Banco Caixa Geral

14.10.2019. ABANCA e Caixa Geral de Depósitos pecharon o proceso de compravenda de Banco Caixa Geral, S.A. coa firma do ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

ABANCA lanza su compañía de vida y pensiones

22.10.2019. Declaracións de Francisco Botas durante a presentación dos últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu ...

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións

22.10.2019. Declaracións de Juan Carlos Escotet Rodríguez durante a presentación dos últimos pasos dados pola entidade na ...

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións

22.10.2019. Declaracións de Álvaro García Diéguez durante a presentación dos últimos pasos dados pola entidade na xestión ...

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA Portugal

Presentación ABANCA Portugal

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)