• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA firma con Zona Franca de Vigo a venda dos inmobles de López Mora

  • Son catro edificios de oficinas situados sobre unha parcela de 8.500 metros cadrados
  • Vigo é unha das zonas máis estratéxicas para ABANCA en negocio e en presenza comercial e institucional
  • Como principal axente dinamizador, Zona Franca dotará a Vigo dun gran centro enfocado á nova economía
20200918-abanca-venta-lopez-mora-1

Francisco Botas (esquerda), xunto a David Regades, durante a firma do acordo.

Descarga en alta resolución

20200918-abanca-venta-lopez-mora-2

Francisco Botas (esquerda) e David Regades, no exterior do complexo de inmobles de López Mora.

Descarga en alta resolución

18-09-2020
Corporativo

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, asinaron esta mañá a compravenda dos inmobles de López Mora que pasan a ser propiedade da Zona Franca. Trátase dun conxunto de catro edificios de oficinas situados sobre unha parcela de 8.500 metros cadrados. Os edificios contan con tres e catro alturas, distribuídas en espazos para oficinas, almacéns e servizos. O prezo taxado dos inmobles é de 12,3 millóns de euros.

O acordo formalizado hoxe permite a ABANCA transferir un inmoble de natureza singular que actualmente se atopaba sen actividade e situado na contorna urbana de Vigo, o que posibilitará convertelo nun activo dinamizador para a cidade. Pola súa banda, grazas a esta operación o Consorcio de Zona Franca poderá ofrecer no centro da cidade un gran complexo de dotacións enfocadas á nova economía que terá como núcleo un centro de negocios con espazos de traballo flexibles, coworking para emprendedores e autónomos, salas de reunións, aulas de formación, auditorio de servizos múltiples, oficinas de aluguer, xardíns e aparcamentos. Estes catro edificios reformaranse para conseguir espazos luminosos, innovadores e cun deseño arquitectónico de vangarda co que Regades declarou cumprir “un compromiso coa miña cidade que hoxe vexo realizado, unha aposta pola nova economía e as actividades relacionadas co coñecemento nun espazo que favorecerá a creatividade e o coñecemento en estreita colaboración coa Universidade”.

A rehabilitación destes edificios, ademais de representar un espazo perfecto para as empresas, o feito de que Zona Franca os dote de nova actividade tamén activará a vida urbana desta área e será un revulsivo para os comercios e negocios de restauración da zona de López Mora e Tomás Alonso.

ABANCA en Vigo

Vigo é unha das áreas máis estratéxicas para ABANCA tanto en termos de negocio como de presenza comercial e institucional. Ademais do edificio de García Barbón, unha das dúas sedes sociais da entidade financeira, ABANCA dispón en Vigo de medio centenar de oficinas que lle permiten ter presenza no núcleo urbano, nos principais barrios da cidade e en puntos estratéxicos como o Porto, a Universidade, o Concello de Vigo e os hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

O Consello Asesor de Bankoa ABANCA e a Universidade de Deusto exploran novas vías de colaboración

23-03-2023
Corporativo

O Consello Asesor de Bankoa ABANCA mantivo hoxe en Bilbao un encontro co equipo reitor da Universidade de Deusto co obxectivo de explorar posibles áreas de actuación que reforcen a colaboración entre ambas as entidades.

20230323-bankoa-abanca-deusto

ABANCA fusiona Imantia Capital e Bankoa Gestión na compañía ABANCA Gestión de Activos

23-02-2023
Corporativo Negocio

A operación completouse unha vez obtidos os permisos correspondentes

20230223-abanca-gestion-activos

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)