• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA gaña en axilidade e calidade de servizo coa creación da Oficina Rápida

  • A entidade financeira abre hoxe en Ourense o seu primeiro centro destinado exclusivamente ás operacións diarias máis habituais
  • A iniciativa permite aforrar tempo neste tipo de operacións e mellorar a calidade do servizo nas demais
20160321-abanca-apertura-oficina-rapida

Oficina Rápida de ABANCA en Ourense

Descarga en alta resolución

21-03-2016
Negocio

ABANCA incorporou á súa rede comercial un novo concepto de oficina bancaria dirixido a proporcionar un servizo máis áxil, cómodo e especializado. Baixo a denominación de ABANCA Oficina Rápida, este novo centro de atención ao cliente realizará exclusivamente as operacións diarias máis habituais e que máis axilidade e sinxeleza requiren: ingresos, reintegros, pago de recibos, contratación de servizos de banca electrónica e móbil, contratación e recarga de tarxetas, etc.

A creación de ABANCA Oficina Rápida suporá para o cliente un importante aforro de tempo na realización deste tipo de operacións, coa vantaxe adicional de poder realizalas en horario ampliado de mañá e tarde. Ademais permitirá incrementar a calidade do servizo nas xestións que requiren atención comercial ou asesoramento personalizado.

“Esta iniciativa é un exemplo da nosa identidade como entidade financeira, que se basea en proporcionar solucións eficaces ás necesidades dos nosos clientes, adaptándonos de maneira flexible e innovadora ás súas demandas e preferencias como usuarios de servizos bancarios”, sinala Luis Beraza, director xeral de Negocio España de ABANCA.

Especialización

A primeira Oficina Rápida de ABANCA abriu ao público hoxe luns 21 de marzo en Ourense (C/ Curros Enríquez, 1). Ao transformarse en Oficina Rápida, o centro dedicará en exclusiva a súa actividade á realización para todos os clientes de ABANCA das operacións diarias máis habituais. Outras tres oficinas situadas nun radio de distancia de 5 minutos a pé especializaranse na realización das demais operacións, o que lles permitirá ofrecer unha mellor atención na xestión comercial e o asesoramento a clientes.

ABANCA Oficina Rápida, un espazo dinámico creado en base a conceptos como o diálogo, a información, a orde e a xestión eficiente, supón un profundo cambio respecto da distribución de espazos dunha oficina estándar. Desaparecen os postos de atención comercial e aumentan os de caixa ata un número total de 7. Increméntase a dotación tecnolóxica con dispensadores automáticos de colas (aínda que un empregado recibirá e informará persoalmente aos clientes), dispositivos para a xestión de efectivo, caixeiros 24 horas de última xeración, e rede wifi para clientes.

Tamén se reforza a dotación de persoal: as catro oficinas que forman parte desta iniciativa contarán en conxunto con cinco xestores máis, catro deles correspondentes á Oficina Rápida. Como medida adicional para incrementar a súa axilidade e comodidade para o cliente, ABANCA Oficina Rápida ampliará o seu horario abrindo polas tardes de luns a xoves.

Transformación comercial

A posta en marcha da Oficina Rápida forma parte da estratexia de ABANCA para responder con solucións sinxelas e innovadoras ás necesidades do cliente. Entre elas figuran a apertura en horario de tarde de 40 oficinas, a implantación duns novos protocolos de atención ao cliente e o deseño dunha nova sistemática comercial para que o cliente reciba unha mellor e máis próxima atención, o reforzo da banca electrónica e a distancia, o plan de renovación tecnolóxica, que supón a incorporación de novos caixeiros e dispositivos Microsoft Surface Pro na rede comercial, a introdución de novos servizos de pago a través de móbil, e a creación dun novo modelo de oficina máis aberto, funcional e tecnolóxico.

En 2015 ABANCA foi a entidade financeira española que mellorou en maior medida a experiencia de compra dos seus clientes, segundo o Índice de Vinculación Emocional do cliente co seu banco elaborado pola consultora EMO Insights.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.