• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA impulsará as tres próximas edicións do FID Castilla y León

  • O banco e a organización subscriben un acordo a longo prazo que reforza o evento e garante a súa continuidade
  • O FID levará o nome do banco nas edicións de 2022, 2023 e 2024
20220525-abanca-fid-1

De esquerda a dereita, Francisco del Río e Marcos Lamas na presentación do novo acordo.

Descarga en alta resolución

25-05-2022
RSC

ABANCA e a Asociación Golden Dreams Team subscribiron un acordo de colaboración a longo prazo que reforza o compromiso que mantén o banco co Foro Internacional do Deporte de Castilla y León (FID Castilla y León) desde os seus inicios en 2017.

En virtude do convenio, o evento levará o nome do banco nas próximas tres edicións, que se celebrarán en 2022, 2023 e 2024.

O director territorial do banco en Castilla y León, Asturias e Cantabria, Marcos Lamas, e o presidente da Asociación Golden Dreams Team e director do FID Castilla y León ABANCA, Francisco del Río, foron os encargados de rubricar o documento que materializa o apoio do banco a esta iniciativa que xa se consolidou na axenda deportiva nacional.

Durante a presentación do acordo, que ten vocación de continuidade, Marcos Lamas sinalou que a colaboración de ABANCA enmárcase dentro do seu compromiso con León e coa promoción do deporte, unha das liñas estratéxicas do banco no ámbito da responsabilidade social. Ademais, o director territorial subliñou que “ABANCA non se limitará ao simple patrocinio, senón que, como fixo ata o de agora, implicarase na organización do evento e promoverá actividades paralelas cos deportistas que participen para que toda a cidade poida envorcarse co foro e gozalo”.

Francisco del Río manifestou a súa satisfacción pola subscrición deste acordo a longo prazo “que é consecuencia e recompensa á nosa traxectoria durante estes cinco anos e que ABANCA puxo en valor”. Engadiu o director do FID que “este vínculo dános seguridade e permitiranos mellorar a planificación anual para seguir crecendo como evento de referencia deportivo a nivel nacional”.

O FID Castilla y León ABANCA reúne cada ano en León a algúns dos mellores deportistas e adestradores da historia do deporte para que expoñan as súas experiencias persoais e profesionais co obxecto de que sexan fonte de inspiración e referencia para a sociedade, ademais de crear un espazo onde se fomente o deporte e a práctica deportiva na cidadanía, en particular na mocidade. A sexta edición do evento desenvolverase os días 15, 16 e 17 de setembro no Auditorio de León e o programa darase a coñecer proximamente.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

A Obra Social ABANCA presenta a exposición internacional inmersiva e interactiva 'AI: More than Human'

05-09-2022
RSC

Creada polo Barbican Centre de Londres e coproducida polo Forum Groningen de Países Baixos, a mostra propón un percorrido pola orixe, os retos e as oportunidades que a intelixencia artificial expón ao ser humano.

20220905-abanca-more-than-human-1

Publicada a entrega 19 do Observatorio ABANCA by IESIDE

04-08-2022
RSC

A decimonovena entrega do Observatorio ABANCA by IESIDE analiza o periodo ata o 03 de agosto de 2022.

30082022-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)