• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA inicia a ‘Semana grande dos clientes non residentes’ cunha xornada sobre oportunidades de investimento

  •  O vicepresidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, foi o encargado de clausurar a xornada
05-08-2015
Negocio

Máis dun centenar de clientes de fóra de Galicia procedentes de oito países de Europa e América (Francia, Reino Unido, Suíza, Arxentina, Estados Unidos, México, Panamá e Venezuela) participaron hoxe nunha xornada celebrada en Santiago sobre fiscalidade e oportunidades de investimento para non residentes, organizada por ABANCA e o Colexio de Economistas de Ourense, e dirixida por Guillermo Díez Iglesias, decano deste órgano profesional.

Esta xornada enmárcase dentro da ‘Semana grande dos clientes non residentes de ABANCA’ coa que a entidade financeira quere mostrar o seu compromiso e apoio a este tipo de clientes de gran relevancia para o banco.

O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, foi o encargado de clausurar as xornadas convidando a todos os asistentes ao segundo acto que organizará ABANCA esta semana para os clientes non residentes. Trátase da ‘I Romaría ABANCA Interncional’ que se celebrará o vindeiro sábado, 8 de agosto, en Maceda, Ourense. Durante a súa intervención, Escotet destacou o esforzo que está a facer ABANCA para apoiar aos clientes non residentes, un sector estratéxico para a entidade e para Galicia. “Seguiremos centrando os nosos esforzos en clientes como vostedes para que sigan véndonos como a súa entidade de referencia aquí ou cando estean no estranxeiro”, sinalou.

Xornada sobre fiscalidade e oportunidades de investimento

A apertura da xornada correu a cargo de Alberto Cacharrón Mojón, director de negocio de non residentes de ABANCA. A primeira ponencia, ‘Os movementos internacionais de capitais: vehículos, modelos e consecuencias da repatriación de capitais’, foi impartida por Miguel Caamaño Anido, avogado e catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade da Coruña.

Sobre a fiscalidade en España para non residentes disertou Jesús Sanmartín Mariñas, economista e presidente do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais; en tanto que o presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, deu a coñecer a Oficina de Atracción de Investimentos.

Finalizada a intervención de Pérez Canal abriuse unha mesa de debate moderada por Guillermo Díez, decano do Colexio de Economistas de Ourense, na que participaron Alfonso Caruana Cámara, director xeral de negocio internacional de ABANCA; Angel Pascual Rubín, economista e presidente da Asociación Galega de Administradores Concursais; Miguel Caamaño Anido, avogado e catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade da Coruña; e Jesús Sanmartín Mariñas, economista e presidente do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais.

Durante o debate suscitáronse cuestións como as posibles condicións de financiamento específico para emigrantes, os sectores económicos máis dinámicos para investir, as cautelas a adoptar antes de investir ou se a normativa fiscal española favorece os investimentos en España, ademais de expor que reformas legais prevén os expertos ou potenciais problemas de financiamento para clientes estranxeiros en España.

Entre os asistentes á xornada estiveron Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA; Pedro López Jácome, conselleiro de ABANCA; Rubén Saavedra, director territorial de ABANCA en Ourense; José Manuel Caneiro González, asesor internacional de ABANCA; Miguel Anxo Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas; José Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia; Juan José Santamaría Conde, presidente dos economistas de Pontevedra; Roberto Pereira Costa, presidente do Club Financeiro de Santiago; Agustín Fernández Pérez, membro do Comité Técnico do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais, e Jaime Pereira Nóvoa, secretario xeral da Confederación Empresarial de Ourense.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

30-03-2023
Negocio

A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo.

20230329-abanca-poligonos

ABANCA e as principais organizacións agrarias de León renovan a súa colaboración con estratexias para reactivar o sector

27-03-2023
Negocio

ABANCA segue reforzando o seu compromiso co sector primario leonés e traza, un ano máis, unha estratexia en común con ASAJA León, UCALE-COAG León, UCCL León e UGAL-UPA León para reactivar o sector e responder aos seus desafíos

20230327-abanca-convenios-leon-asaja-01

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)