• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións e estrea novas oficinas corporativas para a súa división de seguros

  • O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, presentaron na Coruña a estratexia da entidade no mercado bancoasegurador
  • Tras o lanzamento dos seguros On-Off e a alianza con Crédit Agricole Assurances en seguros xerais, ABANCA Seguros culmina a súa transformación en 2019
  • ABANCA Vida y Pensiones, única compañía de seguros da súa clase con sede en Galicia
20191022-abanca-seguros-1

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez.

Descarga en alta resolución

20191022-abanca-seguros-2

De esquerda a dereita, o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución

20191022-abanca-seguros-3

De esquerda a dereita, o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución

20191022-abanca-seguros-4

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante o acto de presentación institucional.

Descarga en alta resolución

20191022-abanca-seguros-5

De esquerda a dereita, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría, o director xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Empresa, Sergio Álvarez Camiña, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez.

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • 20191022 Presentación ABANCA Seguros 20191022 Presentación ABANCA Seguros
22-10-2019
Negocio

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, presentaron hoxe os últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu negocio asegurador, unha das liñas clave na actividade do banco. Nun evento dirixido a medios, a unidade especializada a través da cal a entidade xestiona esta actividade, denominada ABANCA Seguros, deu a coñecer a súa compañía de vida e pensións, que recentemente pasou a estar xestionada de forma directa por equipos propios. O evento serviu tamén para presentar as novas oficinas corporativas de ABANCA Seguros na Coruña.

“ABANCA Seguros é un elemento fundamental no noso proxecto de crecemento e un exemplo das nosas principais características como entidade: especialización, capacidade de innovación e compromiso con Galicia”, sinalou o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet.

“A actividade aseguradora é prioritaria en ABANCA pola súa complementariedade coa nosa actividade financeira. Esta importancia reflíctese na achega dos seguros ao banco. En 2018 alcanzamos unha facturación de 164 millóns de euros en primas e uns ingresos de 86 millóns de euros, un 23% máis que en 2017”, destacou o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

A xornada de presentación continuou cun evento institucional dirixido a clientes, que tivo lugar esta misma tarde coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, e no que estivo presente o director xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Empresa, Sergio Álvarez Camiña.

2019, o ano da transformación

O negocio asegurador é un elemento central na actividade de ABANCA pola súa complementariedade coa oferta financeira e polo seu destacado papel na estratexia de diversificación de fontes de rendibilidade da entidade.

No ano 2019 ABANCA Seguros deu un forte impulso á súa actividade. En abril anunciou o lanzamento da familia de seguros ON-OFF, un paso máis na súa estratexia de creación de produtos disruptores, sinxelos e diferenciadores, e en xullo deu a coñecer a alianza subscrita con Crédit Agricole Assurances para desenvolver o negocio de seguros xerais en España e Portugal.

Unha vez alcanzados estes fitos, ABANCA Seguros completou outras dúas accións dirixidas a reforzar o seu modelo operativo.

Por unha banda, finalizou o proceso de internalización de ABANCA Vida e Pensións, a compañía a través da cal xestiona os seguros de vida e plans de pensións de 342.000 clientes. Con este proxecto, iniciado en 2017, ABANCA Seguros dotouse dun sistema tecnolóxico para dar soporte á actividade aseguradora de vida e pensións e migrou un total de 725.000 millóns de rexistros. A internalización da xestión do negocio de vida e pensións supón que a xestión de todos os procesos de ABANCA Vida y Pensiones realízase agora de maneira interna, sen intervención de provedores externos. “Os seus efectos son unha maior eficiencia na xestión, unha mellora da experiencia de cliente, unha maior personalización dos produtos, e un mellor soporte á venda”, sinalou o director xeral de ABANCA Seguros, Alvaro García Diéguez. Este proxecto, no que participaron 140 profesionais de distintas áreas do banco, supuxo a creación de 25 novos postos de traballo.

Como parte do lanzamento de ABANCA Vida y Pensiones, ABANCA Seguros puxo en marcha unha campaña comercial consistente na aplicación dun desconto do 30% nas contratacións de seguros de vida risco libre durante o próximo mes.

Doutra banda, ABANCA Seguros dotouse dunhas novas oficinas corporativas na Coruña. O novo espazo, cunha superficie de 1.800 m2 e capacidade para 104 postos de traballo, recupera un edificio emblemático e contribúe a revitalizar o centro urbano. O seu deseño está caracterizado polo mesmo concepto de espazo aberto que ABANCA emprega nas súas novas oficinas, modelo que favorece unha maior produtividade e eficacia na xestión.

Con estas dúas accións, ABANCA e ABANCA Seguros reforzan a posición de Galicia no mapa asegurador español. ABANCA Vida y Pensiones é, de feito, a única compañía 100% galega no seu segmento.

Achega ao negocio do banco

ABANCA Vida y Pensiones pechou 2018 cun total de 285.518 pólizas, un volume de recursos xestionados de 2.616 millóns de euros, un volume de primas vida risco de 50 millóns de euros, e un beneficio consolidado antes de impostos de 51 millóns de euros. No primeiro semestre a compañía incrementou o seu número de pólizas até as 307.100 e situou o seu número de clientes en 342.000 en toda España.

Pola súa banda, ABANCA Seguros alcanzou no peche do pasado ano unha facturación de 163 millóns de euros en primas de risco, uns ingresos consolidados de 86 millóns de euros e un ROE do 19,6%, prestando servizo a 420.906 clientes (704.518 pólizas).

Grazas ás diferentes accións postas en marcha nos últimos anos nos planos comercial, tecnolóxico e societario, ABANCA Seguros espera pechar este 2019 con crecementos na nova produción (tanto de seguros de vida como xerais), comisións e beneficio operativo.

Novos proxectos para 2020

ABANCA Seguros ten previsto continuar a súa evolución en 2020 a través dunha batería de novos proxectos na que destacan a dixitalización de ABANCA Vida y Pensiones, o lanzamento de novos produtos do ramo de seguros xerais, o deseño dunha experiencia de cliente única e estandarizada para todos os seus clientes, e a implantación dun modelo de distribución omnicanal.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

30-03-2023
Negocio

A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo.

20230329-abanca-poligonos

ABANCA e as principais organizacións agrarias de León renovan a súa colaboración con estratexias para reactivar o sector

27-03-2023
Negocio

ABANCA segue reforzando o seu compromiso co sector primario leonés e traza, un ano máis, unha estratexia en común con ASAJA León, UCALE-COAG León, UCCL León e UGAL-UPA León para reactivar o sector e responder aos seus desafíos

20230327-abanca-convenios-leon-asaja-01

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)