• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA lanza unha app que permite acceder a ofertas exclusivas do comercio de proximidade

  • A aplicación móbil forma parte de ‘Alavuelta’, o servizo dixital de big data, venta online e marketing para comercios de ABANCA
  • A app permitirá ao usuario recibir no seu teléfono ofertas, ter tarxetas de fidelización e estar ao día do que pasa nos negocios e restaurantes do seu interese
  • Desde o seu lanzamento, ‘Alavuelta’ conseguiu chegar a máis de 1.850 negocios que xa usan a ferramenta para ter máis información sobre o seu negocio e os seus clientes
20190520-abanca-alavuelta

Descarga en alta resolución

20-05-2019
Negocio

ABANCA vén de lanzar unha aplicación móbil, destinada a clientes e non clientes da entidade financeira, que permite ao usuario ter acceso a programas de fidelización dos seus comercios favoritos, comprar tarxetas regalo dixitais e personalizar as ofertas e novidades que queira recibir.

A entidade financeira galega conectará deste xeito ao comercio de proximidade con milleiros de potenciais clientes, que Terán no seu móbil ofertas dos produtos máis afíns ao seu perfil, promocións e eventos do comercio de cercanía. “O obxectivo desta app é conectar a comercios e clientes para que se poidan relacionar coas mesmas funcionalidades que usan as grandes plataformas tecnolóxicas. Poñemos ao servizo dos usuarios técnicas de intelixencia artificial para ofrecerlles unha app totalmente personalizada e adaptada aos seus gustos e intereses para que vivan o mellor das experiencias que ofrece o comercio local coas facilidades que aporta o mundo dixital”, explica Juanjo García Serrano, xerente de Intelixencia de Clientes de ABANCA.

Con máis de 250 comunicacións e plans de fidelización activos, a app xa se pode descargar nas tendas de Android e iOs.

Esta aplicación móbil forma parte de ‘Alavuelta’, o servicio dixital de big data, venta online e marketing para comercios de ABANCA. Desde o seu lanzamento, ‘Alavuelta’ conseguiu chegar a máis 1.850 negocios que xa usan a ferramenta para coñecer máis cousas sobre o seu negocios y os seus clientes. “ ‘Alavuelta’ volve a conectar aos usuarios con todos eses comercios locais que por comodidade ou falla de información se deixaron un pouco de lado”, asegura Marta Pou, coordinadora de Analítica Avanzada de ABANCA.

Ofertas e descontos no móbil

Recibir recomendacións de tendas, restaurantes, bares e comercios e obter ofertas e descontos dos establecementos do seu barrio ou cidade totalmente gratis son algunhas das vantaxes ás que poden acceder todos os usuarios que se descarguen a aplicación. Ademais, ao usar a aplicación, o usuario poderá ter no seu teléfono todas as tarxetas de fidelización dos seus comercios favoritos e así poderá ir aforrando cartos grazas ás compras que realice.

Para o negocio ten a vantaxe de poder chegar de forma directa aos seus clientes e, ademais, poder alcanzar e chegar a outros perfiles a os que lles sería máis difícil acceder para ofrecerlles programas de fidelización, tarxetas regalos e ofertas exclusivas cun clic. Crear eventos, ofrecer descontos ou programas de fidelización son algunhas das acción que poderán realizar para estar en contacto cos seus clientes e informarlles das súas novidades. Ademais, tamén poderán facer un seguimento do impacto que ten cada acción que realizan, xa que todo queda rexistrado.

“Lanzamos esta aplicación para usuarios e comercios dentro da aposta de ABANCA por ofrecer novos servizos de valor aos nosos clientes apoiándonos nas nosas capacidades tecnolóxicas, o coñecemento da analítica big data e o marketing dixital”, sinala Jorge Mahía, director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA.

‘Alavuelta’, servizo dixital de big data para comercios

‘Alavuelta’ é una completa ferramenta para negocios deseñada integramente por ABANCA que permite ao comercio coñecer mellor a súa clientela a través das súas compras, cuidar as súas necesidades e captar novos clientes. A ferramenta dixital componse de tres módulos con distintas funcionalidades: ‘Alavuelta descubre’, ‘Alavuelta atrae’ e ‘Alavuelta fideliza’. Cada negocio pode contratar un ou varios servizos segundo as súas preferencias e necesidades.

Con ‘Alavuelta descubre’ os comercios accederán a información estatística sobre os seus clientes, a súas ventas e o seu negocio. Se queren dar un paso máis, o servizo ofrece a posibilidade de contratar ‘Alavuelta atrae’ que lles permitirá conectar cos sus clientes actuais e potenciais. Mediante unha web, o comercio poderá enviar notificacións a todos os seus clientes potenciais cando teña unha oferta, novidade ou comunicación que queira compartir con eles. Por último, o servizo dixital de ABANCA complétase con ‘Alavuelta fideliza’, unha ferramenta que lles permitirá aos comercios fidelizar aos seus clientes. Con ela, o dono do negocio disporá de programas de fidelización dixitais, tarxetas regalo e outros servizos.

Con esta completa ferramenta, ABANCA amosa o seu apoio ao comercio de proximidade poñendo a disposición dos negocios todas as súas capacidades tecnolóxicas e de análises de datos para que poidan optimizar o éxito das súas ofertas comerciais.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e a Cámara de Cáceres comprométense co tecido produtivo e impulsan a sostibilidade

08-04-2021
Negocio

ABANCA e a Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Cáceres acaban de asinar un convenio de colaboración que permitirá á entidade financeira dar un paso máis no apoio á sostibilidade e ás necesidades de crédito do tecido produtivo e agrogandeiro desta provincia estremeña.

20210408-abanca-convenio-camara-cc

ABANCA robustece o seu negocio de banca persoal coa compra da rede española do Grupo Novo Banco

05-04-2021
Corporativo Negocio

Con esta operación, a entidade alcanza os 100.000 millóns de euros de volume de negocio e reforzará o seu posicionamento en dous ámbitos de actividade prioritarios: o negocio de banca persoal e privada e o negocio de empresas.

20210405-abanca-r4-3

Elementos da mediateca relacionados:

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Intervención de Juan Carlos Escotet Rodríguez no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O presidente de ABANCA salienta a importancia para a recuperación de protexer os asuntos esenciais do futuro ...

Encontro dixital para clientes dedicado á vindeira reforma da Política Agraria Común

10.03.2021. A xornada abordou as principais claves da reforma, como a sostibilidade ou o a reorganización da asignación ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación de ABANCA en Extremadura

20.11.2019. Declaracións do presidente e o conselleiro delegado de ABANCA durante a presentación da entidade en Extremadura ...

Presentación de ABANCA en Extremadura

20.11.2019. Declaracións do presidente e o conselleiro delegado de ABANCA durante a presentación da entidade en Extremadura ...

Presentación de ABANCA en Extremadura

20.11.2019. Declaracións do presidente e o conselleiro delegado de ABANCA durante a presentación da entidade en Extremadura ...

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA Portugal

Presentación ABANCA Portugal

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)