• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA mobiliza 250 millóns para impulsar os proxectos dos espazos industriais da área de Vigo

  • A entidade financeira lanza unha liña adicional de crédito pensada para atraer investimentos, reforzar a competitividade ou facer fronte ás necesidades correntes
  • O banco reúne aos representantes dos principais polígonos do sur da provincia para escoitar as súas necesidades e comprometerse coas súas demandas
  • O convenio renovado por terceiro ano consecutivo inclúe fórmulas de financiamento e vantaxes para acceder á oferta formativa de IESIDE
20200219-abanca-convenio-areas-vigo

O director territorial de ABANCA, Walter Álvarez, cuarto pola esquerda, durante a firma.

Descarga en alta resolución

20200219-abanca-convenio-areas-vigo-2

O director territorial de ABANCA, Walter Álvarez, cuarto pola esquerda, durante a firma.

Descarga en alta resolución

20200219-abanca-convenio-areas-vigo-3

O director territorial de ABANCA, Walter Álvarez, cuarto pola dereita, durante a firma.

Descarga en alta resolución

19-02-2020
Negocio

ABANCA redobra o seu compromiso coas principais áreas industriais da zona de influenza de Vigo e lanza unha liña de crédito adicional de 250 millóns, que se poderá ampliar en 100 millóns se se esgota. Esta é unha das propostas máis destacadas do banco para as empresas emprazadas nestes polos produtivos e deuse a coñecer durante un encontro organizado polo banco no que participaron os representantes de 11 áreas industriais do sur da provincia.

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, foi o encargado de contar en detalle ao colectivo este plan de crédito que o banco presenta por terceiro ano consecutivo. Como en anteriores edicións, esta liña adicional de financiamento diríxese ás empresas das principais áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán. Na súa representación participaron Roberto Cavallo, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; José Manuel Rodríguez, xerente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); David Sobral, xerente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

A liña de crédito adicional de 250 millóns instrumentalízase tanto a través de produtos pensados para captar investimentos ou mellorar a competitividade das empresas, como para dar resposta ás necesidades da actividade diaria. No primeiro caso, as empresas destas áreas industriais poderán dispor de financiamento flexible, con amplos prazos de amortización e con posibilidade de introducir carencias, a través de préstamos ou leasing mobiliario. Nesta mesma liña, inclúense distintas alternativas de financiamento oficial a través dos programas do ICO e do Igape.

O convenio inclúe tamén produtos deseñados para responder ás necesidades correntes, a través de pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, segundo as súas necesidades. Todo iso sen esquecer as fórmulas de financiamento específicas para impulsar os intercambios comerciais con outros países. En definitiva, unha ampla proposta que se adapta a todas as empresas, independentemente das súas necesidades.

Unha entidade ao carón das empresas

Tras a firma dos convenios coas áreas industriais da contorna de Vigo, o acto enfocouse en coñecer os retos e desafíos que afrontan as empresas do sur da provincia de Pontevedra no seu día a día. O director territorial de ABANCA referendou o compromiso da entidade financeira co tecido produtivo de Vigo e o seu ámbito de influenza e incidiu na oferta de valor do banco, que une produtos a medida e xestores altamente formados. Con este novo paso, o banco afianza a súa posición como entidade de referencia nas principais áreas industriais de Galicia, que constitúen un dos elementos máis relevantes do tecido produtivo autonómico.

Pero o acto cos empresarios non só serviu para renovar o convenio de colaboración que manteñen con ABANCA. Os máximos responsables das áreas industriais subscribiron un acordo que inclúe vantaxes á hora de realizar estudos de grao e posgrao e programas a medida no Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Esta colaboración amplíase con medidas de financiamento específicas de ABANCA para estes programas formativos especializados.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.