• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA obtén ata marzo un beneficio neto de 153 millóns

  • A marxe de intereses crece un 14,2%, e ABANCA sitúase como a entidade con maior crecemento do sector
  • A marxe básica, que expresa a capacidade fundamental de xeración de ingresos recorrentes, aumenta un 10,2%
  • A entidade xestionou máis de 900 millóns de transaccións de clientes, un 29% máis que o ano anterior, grazas aos rápidos avances en dixitalización
  • A morosidade continúa o seu descenso ata o 6,5%, situando a ABANCA como unha das entidades con mellor calidade da carteira
  • Cun ratio de capital CET1 do 14,5%, ABANCA mantense entre as entidades máis solventes do sector financeiro español
  • Coa compra de Popular Servicios Financieros a entidade inicia un novo ciclo estratéxico centrado na sustentabilidade e o crecemento
20170509-abanca-resultados2017-gal

Resultados ABANCA primeiro trimestre: principais cifras

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación Resultados 1T 2017 Principales datos dos resultados de ABANCA no primeiro trimestre de 2017
09-05-2017
Resultados

ABANCA obtivo no primeiro trimestre de 2017 un resultado neto de 153 millóns de euros. Os fundamentos do resultado obtido no arranque do ano son un notable incremento dos ingresos recorrentes, cunha marxe básica que crece un 10,2%, o investimento en dixitalización, e a redución da morosidade, que cun 6,5% sitúa a ABANCA entre as mellores entidades do sector en calidade da carteira.

No primeiro trimestre do ano a marxe de intereses de ABANCA situouse en 111,2 millóns de euros, un incremento do 14,2% fronte a marzo de 2016. Este crecemento susténtase principalmente na mellora da marxe comercial e no aforro de custos das emisións maioristas.

ABANCA sitúase á cabeza do sector en crecemento da marxe financeira, superando aos seus competidores grazas ao seu dinamismo comercial e á xestión de prezos.

As comisións netas sitúanse en 39,1 millóns de euros. O comportamento dos ingresos por prestación de servizos (+5,6%) apóiase no bo desempeño de fondos e seguros. Destacaron no trimestre os fondos de investimento, onde a entidade xenerou o 7,6% das subscricións netas do total do sector en España.

A pesar do forte ritmo de actividade do banco, cun incremento das transaccións con clientes do 29,2%, os gastos de explotación mantéñense estables grazas aos investimentos en tecnoloxía e dixitalización.

ABANCA atendeu no trimestre máis de 900 millóns de transaccións de clientes, un 29% máis que o ano anterior. As transaccións por canles dixitais supoñen xa o 44% do total, destacando a banca móbil.

O efecto conxunto de todas estas actuacións permite a ABANCA incrementar notablemente os seus ingresos á vez que mantén controlados os seus custos, de maneira que a marxe de explotación increméntase, excluíndo operacións atípicas, nun 44,3%.

Foco en segmentos micro

ABANCA rexistrou no primeiro trimestre do ano significativos incrementos tanto en crédito como en captación de recursos nos segmentos de autonómos e pemes, apoiando a súa aposta estratéxica por estes segmentos. Un 65% do novo crédito concedido pola entidade foi dirixido a pemes e autonómos.

O crédito á clientela creceu un 5,2% ata situarse en 26.283 millóns de euros. A entidade galega é das poucas do sector que consegue incrementar a súa carteira de crédito trimestre a trimestre. O conxunto do crédito do sector reduciuse un 1,6%.

Tras crecer un 4,4% interanual, os recursos de clientes alcanzan os 34.810 millóns de euros. A estrutura de financiamento mostra un incremento do peso dos saldos vista e os produtos de valor engadido, que gañan presenza fronte aos depósitos a prazo no actual entorno de tipos de interese.

Crecemento en produtos de valor engadido

No significativo crecemento da captación de saldos fóra de balance (+22,9%) mostran especial dinamismo os fondos de investimento, ferramenta crave de xeración de rendibilidade para o cliente e de achega de comisións para a entidade. Nestes produtos ABANCA alcanzou unhas subscricións netas de 467 millóns de euros, cifra equivalente a unha cota de subscricións do 7,6% do total do mercado español no primeiro trimestre.

En seguros, outra das palancas de diversificación de ingresos do banco, as primas de nova produción crecen un 33,7%. Todos os segmentos mostran un comportamento positivo, destacando especialmente os ramos de empresas e vida risco, que melloran un 82% e un 52% respectivamente.

Mellora continua da calidade do risco

Dando continuidade á tendencia mostrada nos últimos exercicios, a entidade segue reducindo o seu volume de activos dubidosos, que a peche do primeiro trimestre cae ata os 2.101 millóns (506 menos que en marzo do 2016).

A taxa de morosidade sitúase no 6,54%. ABANCA deu a volta á súa posición en calidade do risco, pasando en só dous anos a situarse entre as entidades con mellor calidade de carteira.

Esta posición vese reforzada por un ratio de cobertura do 53,3% e un nivel de activos adxudicados equivalente ao 1% do balance, datos que se sitúan entre os mellores de sector.

A calidade da carteira permite manter o custo do risco en liña co obxectivo establecido (0,3%).

Solvencia e liquidez

ABANCA continúa sendo unha das entidades máis solventes do sistema, cun ratio CET1 do 14,5% e unha folgura de 1.791 millóns sobre os requerimentos de capital do regulador.

A entidade, que cumpre amplamente os requisitos de liquidez a longo e curto prazo establecidos polo BCE para 2018, conta con 5.044 millóns de euros en activos líquidos, cunha sa estrutura de financiamento baseado en depósitos de clientes.

Execución estratéxica

O primeiro trimestre de 2017 supón iniciar con éxito unha nova etapa estratéxica. ABANCA adicou tres anos a completar a privatización, cumprir o term-sheet e recuperar a súa posición no mercado. A entidade inicia agora un novo ciclo estratéxico centrado na sustentabilidade nun entorno de tipos desfavorable e no crecemento no mercado.

As claves desta nova etapa, que deu comezo coa adquisición de Popular Servicios Financieros, son a orientación ao negocio micro (pemes e crédito ao consumo), a especialización como resposta para operar en segmentos con necesidades específicas, a calidade no servizo baseada na sistemática comercial e a orientación clientecéntrica, e o enfoque omnicanal que combine a atención persoal coas novas canles dixitais.

A entidade fixouse como obxectivo alcanzar os seguintes niveis: capital superior ao 14%, índice de satisfacción do cliente 70, taxa de morosidade situada entre o 4,5 e o 5,5%, ratio de rendibilidade ROTE entre o 9 e o 10%, e volume de crédito de 27.000 millóns.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

RESULTADOS 1T 2023: ABANCA logra 105 millóns de euros de beneficio neto, un 29,6% máis

27-04-2023
Resultados

A obtención deste resultado estivo baseada na mellora dos ingresos e na elevada solidez do crédito.

20230427-abanca-resultados-1t-gl

RESULTADOS 2022. ABANCA xerou 217 millóns de beneficio en 2022, un 41% máis que en 2021 en termos recorrentes

27-01-2023
Resultados

Destaca a alta calidade e recurrencia dos resultados obtidos, xa que un 94% dos ingresos proveñen do negocio con clientes.

20230127-abanca-resultados-4-gl

Elementos da mediateca relacionados:

RESULTADOS 2022. ABANCA xerou 217 millóns de beneficio en 2022

27.01.2023. Presentación dos resultados anuais de 2022 de ABANCA.

RESULTADOS 2T 2022. ABANCA gaña 104,3 millóns, cun incremento do beneficio recorrente do 14,3%

29.07.2022. Presentación dos resultados do primeiro semestre de 2022 de ABANCA.

RESULTADOS 2T 2021. ABANCA obtén un resultado de 157 millóns, un 18,0% máis

22.07.2021. Presentación dos resultados do primeiro semestre de 2021 de ABANCA.

RESULTADOS 2022. ABANCA xerou 217 millóns de beneficio en 2022

27.01.2023. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a presentación dos resultados anuais ...

RESULTADOS 2T 2022. ABANCA gaña 104,3 millóns, cun incremento do beneficio recorrente do 14,3%

29.07.2022. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a presentación dos resultados do ...

RESULTADOS 2T 2021. ABANCA obtén un resultado de 157 millóns, un 18,0% máis

22.07.2021. Declaracións do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a presentacióndoss resultados semestrais ...

Presentación Resultados ABANCA 1T 2023

Presentación Resultados ABANCA 1T 2023

Presentación resultados ABANCA 2022

Presentación resultados ABANCA 2022

Principais magnitudes ABANCA 2022

Principais magnitudes ABANCA 2022

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.