• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Boletín de economía
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA obtén un BAI de 474 millóns e reforza o seu capital ata o 12,80%

Resultados terceiro trimestre 2014

  • Os depósitos presentan un incremento de 1.062 millóns de xaneiro a setembro
  • A morosidade mellora 3,8 puntos e sitúase no 13,8%
  • A entidade incrementa a súa cota de mercado en Galicia
  • ABANCA e Banco Etcheverría culminarán a súa fusión este mes
Cifras_basicas_3T2014_gal

Imaxe 1. Cifras básicas de resultados 3T 2014

Descarga en alta resolución

Cuenta_resultados_consolidada_pública_es

Imaxe 2. Conta de resultados consolidada (en millóns de euros)

Descarga en alta resolución

05-11-2014
Resultados

ABANCA obtivo nos primeiros nove meses de 2014 un beneficio antes de impostos de 474 millóns de euros. Este resultado baséase na recuperación da marxe da actividade comercial, o alto nivel de saneamento da carteira crediticia e a optimización da carteira de renda fixa.

O banco, que se fusionará este mes con Banco Etcheverría, continuou elevando o seu capital ata unha ratio CET1 del 12,80% e reforzou o seu liderado en crédito e depósitos minoristas en Galicia, o seu mercado de referencia.

A rendibilidade, concepto que reflexa a actividade bancaria básica con clientes, continúa ascendendo e sitúase no 1,9%, fronte ao 1,5% de hai un ano, un 26,7% máis.O beneficio neto ascendeu a 342 millóns de euros.

Crédito e depósitos

A entidade concedeu financiamento a empresas e familias por importe de 4.500 millóns de euros, dos cales 2.356 millóns corresponden a novas operacións de hipotecas, préstamos ao consumo e longo empresa, e os 2.144 restantes a financiamento empresarial a través de liñas de desconto, confirming, factoring e comercio exterior.

A cota de mercado de crédito en Galicia creceu en 123 puntos básicos no primeiro semestre (último período comparable). Tendo en conta unicamente o crédito a particulares e empresas, o crecemento é de 172 puntos básicos. Setembro rexistra por primeira vez un crecemento neto positivo no saldo de créditos na rede comercial.

A captación de depósitos rexistrada nos últimos meses encádrase na estratexia de sostibilidade da entidade a futuro. De xaneiro a setembro os depósitos creceron en 1.062 millóns. No primeiro semestre (último con información sectorial comparable), ABANCA incrementou en 90 puntos básicos a súa cota de mercado de depósitos en Galicia. Tamén se mantén á alza a captación de recursos xestionados fóra de balance, que aumentaron en 135 millóns ata acadar os 3.420 millóns de euros ao peche de setembro. Neste capítulo destaca o incremento do 21,3% en patrimonio xestionado en fondos de investimento.

Redución de gastos

Os gastos de explotación baixaron un 14,9% respecto a setembro de 2013, incluíndo os gastos derivados do lanzamento do novo banco, o que significa un aforro de 65 millóns de euros. Os gastos de persoal reducíronse nun 21,2%. A 30 de setembro, o cadro de persoal do grupo ABANCA está composto por 4.373 persoas.

A entidade opera a través dunha rede formada por 591 oficinas, 580 en España e 11 noutros países.

Menos mora

Tralo esforzo realizado en exercicios anteriores, a conta de resultados de ABANCA rexistrou unha redución nas necesidades de saneamento. O resultado del AQR (Revisión de Calidade dos Activos) realizado recentemente polo BCE sitúa a ABANCA como quinta entidade española e vixésima europea pola calidade dos seus activos actuais e nivel de provisión.

O saldo de créditos dubidosos reduciuse nun 17% nos nove primeiros meses do ano. A taxa de cobertura destes créditos acada nestes momentos o 58,2%, 1,8 puntos máis que ao peche de 2013.

A taxa de morosidade mellorou en 3,8 puntos porcentuais, situándose no 13,8%.

Solvencia e liquidez

O capital de máxima calidade actual elévase a 2.939 millóns de euros, o que supón unha ratio do 12,80% baixo os criterios establecidos por Basilea III para o final do período transitorio en 2019 (Common Equity Tier 1 – CET1 fully loaded), 2,6 puntos máis que ao peche de 2013.

ABANCA superou as recentes probas de resistencia realizadas polo BCE situándose como unha das entidades máis sólidas e solventes do sector bancario español en calquera dos supostos proxectados na análise. Para el escenario económico más probable, ABANCA sería, cunha ratio CET1 do 13,90%, a segunda entidade española máis solvente das 15 analizadas.

Sobre as 130 entidades europeas analizadas, ABANCA ocuparía o posto 35. Para o escenario máis adverso, ABANCA sería, cunha ratio CET1 del 9,14% e unha folgura de capital de 814 millóns, a quinta entidade española e a 43ª europea máis solvente. ABANCA dispón dunha posición de liquidez cifrada en 9.016 millóns de euros, cunha folgura de 1.958 millóns sobre os vencementos de emisións existentes.

Conta de resultados consolidada pública

Ver imaxe 2 (en millóns de euros)

Nota: As marxes de 2013 y 2014 non son comparables, debido ás vendas de negocio realizadas pola entidade durante 2013 ao Banco Etcheverría e a fondos internacionais en cumprimento do anterior Term Sheet

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

RESULTADOS 2017. ABANCA gaña 367 millóns, un 10% máis, cunha rendibilidade do 10,3%

24-01-2018
Resultados

A actividade do banco no pasado ano traduciuse nunha mellora consistente e significativa dos principais indicadores en materia de rendibilidade, calidade do risco, solvencia, liquidez e dinamismo comercial, o que lle permite cumprir os obxectivos estratéxicos que se fixou para o trienio 2014-2017.

20180124-abanca-acto-resultados17

RESULTADOS TERCEIRO TRIMESTRE: ABANCA gaña 276 millóns, cun incremento do 18% dos ingresos recorrentes

25-10-2017
Resultados

ABANCA obtén nos primeiros nove meses un beneficio neto un 3,7% superior ao do mesmo periodo do exercicio pasado, cunha marxe básica que crece un 18,4% grazas a senllos incrementos da marxe de intereses (+19,7%) e dos ingresos por prestación de servizos (+15,1%).

20171025-abanca-resultados-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación de resultados 2017

Valoración do presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, dos resultados del ejercicio 2017.

Presentación de resultados de ABANCA 2017

Presentación de resultados de ABANCA do exercicio 2017.

Datos consolidados ABANCA 2017

Datos consolidados de ABANCA do exercicio 2017.

Presentación Resultados 1T 2017

Principales datos dos resultados de ABANCA no primeiro trimestre de 2017

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2018 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (2 for 1)