• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA ofrece financiamento adicional ás áreas industriais da contorna de Vigo

  • O director territorial do banco en Vigo, Walter Álvarez, participa nun acto para achegarse ás necesidades dos principais polos produtivos do sur da provincia
  • A entidade financeira renova a súa colaboración cos representantes das asociacións de empresarios dos principais polígonos de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán
  • Os espazos industriais tamén accederán á oferta formativa de posgrao e especializada de IESIDE
20190206-abanca-areas-industriales-vigo

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (quinto pola esquerda), durante o acto.

Descarga en alta resolución

20190206-abanca-areas-industriales-vigo-2

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (quinto pola esquerda), durante o acto.

Descarga en alta resolución

20190206-abanca-areas-industriales-vigo-3

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (quinto pola esquerda), durante o acto.

Descarga en alta resolución

06-02-2019
Negocio

ABANCA achégase ás necesidades de crédito do tecido produtivo do sur de Galicia e especificamente das áreas industriais da contorna de Vigo. O banco reedita así o seu plan de financiamento que se compromete directamente coa viabilidade e o crecemento dalgúns dos principais focos de emprego e riqueza da provincia.

A entidade financeira escenificou este apoio cun acto celebrado na súa sede institucional na cidade olívica, no que participou o director territorial en Vigo, Walter Álvarez. Ante os representantes das asociacións das maiores áreas industriais de Vigo e a súa área metropolitana, Álvarez foi o encargado de debullar as novidades desta proposta de financiamento adaptada.

As alternativas de crédito que ofrece ABANCA están recollidas no convenio de colaboración que une á entidade financeira coas asociacións que agrupan as principais áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán. Por parte deste colectivo participaron Roberto Cavallo, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; Javier Díaz, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

O plan de financiamento a disposición das empresas emprazadas nestas áreas industriais responde de maneira integral ás súas necesidades. De maneira adaptada, permite tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Os empresarios destas áreas terán á súa disposición produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e do Igape.

ABANCA consolídase como a entidade financeira de referencia nestas áreas industriais, grazas a unha proposta de valor que se completa coa rede de oficinas máis extensa de Galicia, produtos a medida das súas necesidades e unha ampla especialización dos seus xestores. Todo iso para consolidar o crecemento duns polos industriais e de coñecemento que configuráronse como elementos indispensables do tecido produtivo autonómico.

Acordo formativo con IESIDE

De maneira paralela a este acto, os representantes destas asociacións de empresarios tamén subscribiron un protocolo de colaboración formativa co Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Este acordo permitirá cumprir coa vocación da entidade académica e potenciar o seu vínculo co mundo profesional. As empresas poderán beneficiarse de descontos á hora de realizar estudos de grao e posgrao na entidade académica, así como acceder a programas formativos a medida.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA presenta o seu plan estratéxico para EE.UU. ante empresarios de Miami

14-02-2019
Negocio

O evento contou coa participación do presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, quenes expuxeron ante os asistentes as principais características do modelo ABANCA e a actividade que o banco desenvolverá no mercado americano.

20180214-abanca-miami-1

ABANCA e a Deputación de Ourense fan balance do Plan Activamos, que xa concedeu case 90 millóns na provincia

08-02-2019
Negocio

ABANCA e a Deputación de Ourense reeditan o seu programa conxunto de crédito, o Plan Activamos-Transforma Ourense.

20190208-activamos-ou-1

Elementos da mediateca relacionados:

Alavuelta by ABANCA

Alavuelta permitirache coñecer as claves do teu negocio mellor que nunca, atraer novos clientes e fidelizar os que xa tes.

Presentación do servizo dixital ‘Alavuelta’

ABANCA presentou en Santiago ‘Alavuelta’, un novo servizo dixital que achegará aso comercios os beneficios do big data, ...

Presentación do novo modelo de sucursal de ABANCA na oficina principal de Oviedo

O presidente e o conselleiro delegado de ABANCA presentaron aos clientes as novas instalacións da oficina principal da entidade ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación de ‘Alavuelta’, un servizo dixital de big data, venda online e marketing para comercios

Declaracións de Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, durante a presentación de 'Alavuelta'.

Presentación de ‘Alavuelta’, un servizo dixital de big data, venda online e marketing para comercios

Declaracións de Marta Pou, coordinadora de Analítica Avanzada de ABANCA, durante a presentación de 'Alavuelta'.

Presentación de ‘Alavuelta’, un servizo dixital de big data, venda online e marketing para comercios

Declaracións de Jorge Mahía, director de Marketing, Inteligencia y Digital de ABANCA, durante la presentación de 'Alavuelta'.

Presentación Segunda Edición Programa ABANCA Innova

Presentación Segunda Edición Programa ABANCA Innova

Presentación ABANCA Seguros

Estructura, modelo de negocio e principais datos da actividade de ABANCA Seguros.

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)