• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA ofrece opcións de crédito para a compra de vivenda aos clientes de Asocias

  • O banco e a asociación que agrupa ás principais inmobiliarias de Asturias firman un acordo para facilitar o acceso a financiamento hipotecario
  • A rúbrica permite ás dúas entidades acelerar e simplificar os trámites para acceder, en condicións melloradas, á Hipoteca Mari Carmen a tipo fixo, variable e mixto
20171221-abanca-convenio-asocias

De esquerda a dereita, o director de zona de ABANCA en Asturias, José María Jardón; a presidenta de Asocias, Catalina Domingo; o coordinador de Asocias, César Nozal; e o director territorial de ABANCA en León/Asturias, Marcos Lamas.

Descarga en alta resolución

20171221-abanca-convenio-asocias-2

A presidenta de Asocias, Catalina Domingo, e o director territorial de ABANCA en León/Asturias, Marcos Lamas, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

21-12-2017
Negocio

ABANCA e a Asociación Inmobiliaria de Asturias (Asocias) subscribiron un protocolo de colaboración para facilitar o acceso a financiamento hipotecario a quen desexe adquirir unha vivenda. O acordo facilita desde este momento que as inmobiliarias asociadas do Principado ofrezan aos seus clientes o catálogo de produtos de crédito da entidade financeira para a compra de inmobles.

A firma do convenio tivo lugar esta mañá na oficina de ABANCA da rúa Corrida en Xixón e participaron Catalina Domingo e César Nozal, presidenta e coordinador de Asocias respectivamente, e Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León/Asturias. Este compromiso chega semanas despois da presentación por parte do banco dun plan de impulso para familias e empresas da comunidade que inclúe alternativas de crédito e a mellora da calidade de servizo a través de espazos máis modernos, funcionais e coas últimas solucións tecnolóxicas.

O traballo conxunto das dúas entidades permite ofrecer aos potenciais compradores de vivenda a Hipoteca Mari Carmen de ABANCA. Trátase dun produto con condicións moi atractivas e que elimina comisións tan habituais como a de estudo, subrogación e modificación contractual. Este produto de crédito aposta pola flexibilidade e permite aos clientes prazos de amortización de ata 30 anos.

A Hipoteca Mari Carmen ofrécese ademais en tres modalidades que permiten adaptarse ás necesidades de cada cliente. Quen desexe que a cota permaneza inalterada durante toda a vida do préstamo terá á súa disposición a hipoteca a tipo fixo, mentres que quen opte pola modalidade variable poderá acceder a un tipo máis atractivo ligado á evolución do Euribor. ABANCA tamén ofrece a comercialización aos asociados de Asocias dunha última versión de préstamo hipotecario a tipo mixto, que combina unha modalidade fixa os primeiros dez anos e variable posteriormente.

Este acordo permite á entidade financeira incorporar novos canais de distribución para a comercialización dos seus produtos hipotecarios en Asturias, mentres que os asociados de Asocias incrementan as alternativas de asesoramento financeiro que poden ofrecer aos seus clientes.

Un momento clave para o sector

A firma deste convenio para impulsar a comercialización de vivendas chega nun contexto clave para o sector. Precisamente a Asociación Inmobiliaria de Asturias presentou onte o seu informe anual sobre a evolución da compravenda de vivendas na comunidade, no que constataron un maior dinamismo das transaccións e un lixeiro incremento do prezo medio de venta. Este estudo desvela tamén que crece o número de asturianos que compra unha vivenda e posteriormente alúgaa para obter unha rendibilidade co seu investimento.

Este acordo permite contar cun acceso directo ao crédito desde as preto de 30 inmobiliarias que conforman Asocias. Esta axilidade nos prazos de tramitación do financiamento va a simplificar o proceso de adquisición dunha vivenda.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

30-03-2023
Negocio

A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo.

20230329-abanca-poligonos

ABANCA e as principais organizacións agrarias de León renovan a súa colaboración con estratexias para reactivar o sector

27-03-2023
Negocio

ABANCA segue reforzando o seu compromiso co sector primario leonés e traza, un ano máis, unha estratexia en común con ASAJA León, UCALE-COAG León, UCCL León e UGAL-UPA León para reactivar o sector e responder aos seus desafíos

20230327-abanca-convenios-leon-asaja-01

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)