• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA organiza unhas sesións de formación para mozos na Universidade de Oviedo

  • Durante 4 meses os estudantes poderán coñecer o traballo de perfís profesionais relacionados co sector financeiro, o marketing ou a publicidade
  • O programa formativo ‘Móvete xa’ está dirixido a estudantes dos últimos cursos de diferentes graos universitarios de Oviedo
20200220-abanca-mueveteyaoviedo

Descarga en alta resolución

20-02-2020
Corporativo

ABANCA vén de poñer en marcha, en colaboración coa Universidade de Oviedo, o programa de formación ‘Móvete xa’, que permitirá a estudantes que están a piques de finalizar os seus estudos achegarse ao mundo profesional e coñecer o traballo de perfís profesionais relacionados co sector financeiro, a xestión de proxectos, o marketing ou experiencia cliente, entre outros.

A formación é o alicerce fundamental de ‘Móvete xa’. O programa inclúe catro xornadas formativas presenciais que impartirán na Universidade de Oviedo profesionais en activo da entidade financeira galega sobre o negocio bancario, tales como produtos financeiros, experiencia de cliente, xestión de proxectos ou novas formas de traballar, entre outras materias.

A primeira sesión terá lugar o venres, 21 de febreiro, e nela explicarase ‘Como funciona un banco e como xestionar proxectos’. O programa continuará o venres 13 de marzo coa sesión ‘Desenvolvemento de negocio e experiencia cliente’. O 3 de abril será a quenda dos profesionais de marketing e publicidade que falarán sobre marketing dixital e marca. Por último, o 24 de abril celebrarase a última sesión na que se abordarán ‘Novas formas de traballar e emprendemento’. As xornadas desenvolveranse de 9.30 a 14.00 horas no Edificio do Vicerreitorado de Estudantes da Universidade de Oviedo.

A esta primeira edición do programa en Asturias asistirán un total de 50 universitarios que están a cursar os últimos cursos de diferentes graos universitarios. Despois das sesións formativas, os asistentes poderán participar nos procesos de selección para traballar en ABANCA e así poder aplicar no mundo empresarial todos os coñecementos adquiridos.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA acode á OPA de MásMóvil e vende a súa participación en Euskaltel

28-07-2021
Corporativo

ABANCA Corporación Industrial conta co 4,48% do capital da operadora de telecomunicacións vasca.

20180525-abanca-rating

O Consello de Administración de ABANCA visita Santiago con motivo do Xacobeo

27-07-2021
Corporativo

ABANCA amosa o seu apoio á celebración do Ano Santo do Xacobeo 21-22 cunha visita institucional do seu Consello de Administración e do Consello Asesor de Bankoa a Santiago.

20210727-abanca-consejo-santiago

Elementos da mediateca relacionados:

Tecnoloxía con propósito e un liderado cercano, elementos indispensables para a reconstrución con propósito segundo Miguel Ángel López e Francisco Botas en #LíderesResponsables, moderado por Francisco Román

03.06.2021. Celebrouse a vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables, diálogos entre a alta dirección sobre os retos ...

Intervención de Francisco Botas no XI Encontro Financeiro Expansión - KPMG

19.10.2020 O conselleiro delegado de ABANCA reivindica o papel das entidades financeiras nos últimos meses para facer chegar ...

ABANCA visita ao Goberno Vasco en Vitoria-Gasteiz

28.09.2020. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)