• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA pecha a primeira emisión de bonos AT1 de 2021 con sobredemanda e a un tipo de xuro moi reducido

  • A emisión alcanza os 375 millóns e contou con peticións por máis de 2.100 millóns de euros, cantidade que multiplica por 5,7 a oferta
  • A emisión será remunerada a un 6%, un dos menores xuros do mercado
  • Con esta emisión ABANCA, unha das entidades máis solventes do mercado español, amplía e diversifica o seu capital segundo o previsto no seu plan estratéxico e anticipa o cumprimento dos requisitos do regulador (MREL) para este tipo de capital
20210107-abanca-emision-at1

ABANCA é unha das entidades españolas mellor capitalizadas.

Descarga en alta resolución

07-01-2021
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a primeira emisión de bonos AT1 do ano por importe de 375 millóns de euros. A emisión espertou gran interese no mercado, xerando unha demanda de máis de 2.100 millóns de euros, cantidade que supón 5,7 veces o importe da emisión, e foi colocada na súa totalidade en tres horas aproximadamente, entre investidores institucionais principalmente europeos.

A pesar do difícil contexto económico no que se realizou, a remuneración fixouse nun 6%, un tipo de xuro 150 puntos básicos inferior ao rexistrado na anterior emisión deste tipo de débeda realizada por ABANCA, feito que reflicte a favorable percepción do mercado sobre a positiva evolución da entidade nos últimos exercicios.

ABANCA, unha das entidades españolas mellor capitalizadas, cumpre con esta emisión co obxectivo de ampliar e diversificar o seu capital. Os títulos emitidos teñen a categoría de Capital Adicional de Nivel 1 (AT1 en inglés). Adicionalmente, a emisión permite a ABANCA cubrir todo o colchón de débeda deste tipo solicitado polos reguladores e seguir avanzando no cumprimento da nova normativa europea de requirimento mínimo de fondos propios e pasivos admisibles (MREL polas súas siglas en inglés). Tras esta colocación, ABANCA diversifica o seu capital segundo o previsto no seu plan estratéxico e fortalece o seu cociente de capital -situado en 16.4 % en setembro de 2020- en máis de 120 puntos básicos, ata alcanzar o 17,6%.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos senior preferred

10-05-2023
Financiero

Os ratings (esperados) de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) por ambas as axencias, permitindo acceder á parte máis esixente da comunidade investidora.

20180525-abanca-rating

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.