• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA pecha a venda dunha carteira de 1.383 millóns de créditos impagados

  • A operación, primeira deste tipo realizada por ABANCA, rexistrou unha gran participación de investidores especializados
  • A empresa especialista en cobro de débedas EOS Spain foi a adxudicataria da carteira
  • O obxectivo de ABANCA é centrarse na xestión de activos estratéxicos e na dinamización da economía a través do financiamento
13-06-2016
Financiero

ABANCA acaba de pechar con EOS Spain SLU a súa primeira operación de venda dunha carteira de débeda sen garantía hipotecaria de 1.383 millóns de euros. A venda culmina un proceso competitivo que suscitou gran interese entre os principais fondos de investimento e entidades especializadas de compra venda de carteiras de crédito. ABANCA estivo asesorada por KPMG nunha transacción que se converteu nunha das operacións máis importantes de venda de carteira de débeda impagada sen garantía hipotecaria dos últimos anos.

Obxectivo: activos estratéxicos e dinamización da economía

Con esta venda ABANCA continúa o seu plan de xerar valor no proceso de desinvestimento de activos non estratéxicos. A entidade está a estudar operacións similares noutros segmentos co mesmo obxectivo para centrarse no core do seu negocio que é a xestión de activos estratéxicos e a dinamización da economía a través do financiamento a empresas e familias.

A operación, ao tratarse de débeda totalmente provisionada, ten tamén un efecto positivo sobre o cociente de solvencia que xa é dos máis elevados do sector financeiro e permite á entidade financeira galega seguir consolidando o seu balance co maior cociente de solvencia e cunha das coberturas máis altas. ABANCA incrementou no primeiro trimestre de 2016 o seu cociente de capital en 5 puntos básicos de modo que se mantén como unha das entidades máis capitalizadas de España, cun cociente do 14,8%. En canto á cobertura de créditos morosos ABANCA pechou o primeiro trimestre cun 60,8%, nivel que se sitúa entre os máis elevados das entidades españolas.

Para EOS, a adquisición non só significa un fortalecemento da relación con ABANCA, senón tamén unha intensificación da competencia e por suposto, do seu posicionamento no mercado.

Acerca de EOS Spain

EOS Spain é especialista en xestión de cobros, con sede na Coruña, e subsidiaria do grupo internacional EOS. O Grupo EOS é un dos principais provedores internacionais de servizos financeiros personalizados. A súa actividade principal é a xestión de impagados. Co seu persoal de máis de 8.500 empregados, EOS proporciona seguridade a través de servizos personalizados para os seus aproximadamente 20.000 clientes en máis de 25 países en todo o mundo a través de 50 filiais.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos senior preferred

10-05-2023
Financiero

Os ratings (esperados) de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) por ambas as axencias, permitindo acceder á parte máis esixente da comunidade investidora.

20180525-abanca-rating

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.