• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos senior preferred

  • A entidade emitiu Bonos Senior Preferred ao 5’5% anual por importe de 500 millóns de euros
  • O prazo da operación fixouse en 3 anos, con opción para ABANCA de cancelar a emisión no segundo aniversario
  • A demanda chegou ao dobre do importe ofrecido
  • Con esta emisión ABANCA avanza na súa folla de ruta para o cumprimento dos requisitos do regulador en materia de MREL
20180525-abanca-rating

Descarga en alta resolución

10-05-2023
Financiero

ABANCA anunciou e executou hoxe unha emisión de bonos Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros. Os ratings (esperados) de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) por ambas as axencias, permitindo acceder á parte máis esixente da comunidade investidora.

A emisión espertou gran interese, demostrado tanto no importe demandado, que superou expectativas nun contexto de mercado especialmente delicado, como na amplitude do espectro investidor, con 95 ordes individuais formando un libro de gran calidade nun proceso de execución dun só día que aproveitou a boa percepción da entidade en mercado.

ABANCA continúa avanzando con esta emisión na súa folla de ruta de cara ao cumprimento do requirimento mínimo de fondos propios e pasivos admisibles (MREL polas súas siglas en inglés) fixado polo regulador.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

ABANCA e ARVI reforzan a súa colaboración con alternativas de pago áxiles no ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’

07-07-2022
Financiero

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acaban de asinar un acordo de colaboración no que se destacan as solucións de pago desenvolvidas en conxunto para a cuarta edición do ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’.

20220607-abanca

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)