• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

  • A entidade emitiu títulos a seis anos por importe de 500 millóns cun cupón do 5,25%
  • A demanda chegou a superar o dobre do importe emitido
  • Con esta emisión ABANCA aumenta os seus colchóns anticrisis e avanza na súa folla de ruta para o cumprimento dos requisitos do regulador en materia de MREL
20220621-abanca-4

Descarga en alta resolución

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado. Os ratings de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) permitindo acceder á parte máis esixente do espectro investidor.

A emisión espertou gran interese entre os investidores, cunha demanda que chegou a superar o dobre do importe emitido e máis de 100 ordes individuais. A emisión foi colocada entre clientes profesionais e contrapartes elexibles, con notable presenza de investidores especializados con perfil ASG, que apreciaron o rigor no enfoque ASG, apoiado pola opinión de Sustainalytics sobre o marco.

ABANCA continúa avanzando con esta emisión na súa folla de ruta de cara ao cumprimento do requirimento mínimo de fondos propios e pasivos admisibles (MREL polas súas siglas en inglés) fixado polo regulador. Con esta emisión, a entidade xa supera en máis de 210 puntos básicos o requisito MREL marcado para 2022.

Tras esta colocación, ABANCA aumenta os seus colchóns anticrisis ademais de cumprir cun dos obxectivos marcados no Plan de acción de Banca Responsable e Sostible 21-24 da entidade.

Plan de acción de Banca Responsable e Sostible 21-24

O compromiso co medio ambiente e a banca socialmente responsable formaron parte de ABANCA desde a súa orixe e son principios directores da súa actuación. O plan de acción fortalece ese compromiso con instrumentos como a emisión de bonos verdes, que é unha panca relevante para articular correctamente a transición cara a unha economía sostible, e a entidade cumpriu os requisitos necesarios para acceder con eficiencia a este mercado unha vez máis.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e ARVI reforzan a súa colaboración con alternativas de pago áxiles no ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’

07-07-2022
Financiero

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acaban de asinar un acordo de colaboración no que se destacan as solucións de pago desenvolvidas en conxunto para a cuarta edición do ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’.

20220607-abanca

DBRS mellora un chanzo o rating de ABANCA até BBB high con perspectiva estable

21-06-2022
Financiero

A axencia de cualificación DBRS Ratings GmbH (DBRS Morningstar) aumentou un chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA de BBB a BBB high, á vez que mantivo a súa perspectiva estable.

20220621-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)