• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA permite facerse cliente desde o móbil a través dunha videochamada

  • ABANCA convértese nunha das primeiras entidades financeiras en España en ofrecer este servizo
  • En menos de 10 minutos calquera usuario pode contratar o produto ‘Conta Clara’ e empezar a operar como cliente de ABANCA
20171114-abanca-videollamada-1

De esquerda a dereita: Javier Díaz, xerente de ABANCA Dixital, Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, Francisco Martínez, xerente de Mobilidade de ABANCA, y Pilar Otero, xerente de Negocio Dixital e Contact Center de ABANCA, durante a presentación do novo servizo de videochamada da entidade financeira.

Descarga en alta resolución

20171114-abanca-videollamada-2

Momento no que, a través da videochamada, compróbanse os datos do DNI do cliente.

Descarga en alta resolución

14-11-2017
Negocio

ABANCA vén de incorporar á súa aplicación de banca móbil a posibilidade de facerse cliente da entidade a través dunha videochamada. O procedemento é moi rápido e sinxelo, en menos de 10 minutos calquera usuario poderá contratar o produto ‘Conta Clara’ e empezar a operar como cliente de ABANCA.

“O usuario só necesita descargarse a nosa app de banca móbil no seu teléfono, seguir uns sinxelos pasos e nuns minutos xa é cliente de ABANCA e terá o seu ‘Conta Clara’ contratada”, explica Javier Diaz, xerente de ABANCA Dixital.

A ‘Conta Clara’ é un produto dixital que permite ter unha conta corrente e unha conta a prazo conectadas entre si para aforrar de forma automática. Non ten comisións e as tarxetas de débito, de crédito e as transferencias son gratis, sempre que opere en canles dixitais.

Coa posta en marcha desta iniciativa ABANCA sitúase á vangarda en innovación tecnolóxica, sendo unha das primeiras entidades financeiras en España que ofrece este servizo.

Cliente en menos 10 minutos e desde o móbil

O proceso para empezar a facerse cliente é moi sinxelo, o usuario ten que descargarse a aplicación de banca móbil de ABANCA na tenda de aplicacións App Store ou Android Play e seleccionar a opción ‘Non son cliente’. O software solicitaralle unha fotografía do seu DNI ou NIE para extraer os datos de forma automática e comprobar que son correctos. Despois pediralle a información económica e persoal que esixe a normativa (ingresos, situación laboral…) e, por último, conectarase por videochamada con persoal de ABANCA para finalizar a contratación. O proceso é totalmente seguro e hai unha dobre validación da identidade do cliente, primeiro comprobando a autenticidade do documento escaneado; e, despois, na videochamada, cun indicador de similitude entre a imaxe do cliente (obtida na videochamada) e a foto do seu DNI.

O desenvolvemento da ferramenta é nativo, realizado polo equipo de Tecnoloxía da entidade financeira galega, o que permite ofrecer unha mellor experiencia de usuario. Todos os recursos do dispositivo optimízanse para ofrecer a mellor calidade de imaxe e audio en cada circunstancia. Ademais, o cliente pode seleccionar o mellor momento para realizar a videochamada e isto só é posible cun desenvolvemento tecnolóxico deste tipo.

“Queremos facilitar aos usuarios a súa relación co banco e que poidan facer as súas xestións de forma rápida e sinxela en calquera momento e en calquera lugar, buscando sempre a mellor experiencia de usuario. Apostamos pola mobilidade, a intelixencia artificial e outras tecnoloxías disruptivas. Obríganos, pero tamén nos encanta ao mesmo tempo, estar á vangarda de todas as innovacións tecnolóxicas“, afirma Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA.

Unha app de banca móbil cada vez máis innovadora

Coa incorporación do alta de cliente con videochamada a entidade financeira galega aumenta as xestións que os clientes poden facer comodamente desde os seus teléfonos móbiles como apagar e acender tarxetas, aprazar gastos, contratar un préstamo ou tarxeta de crédito, consultar saldos e movementos, facer transferencias, pagar recibos, enviar diñeiro ao caixeiro ou crear tarxetas virtuais para comprar por internet, entre outras.

“A nosa estratexia dixital busca que os nosos clientes poidan realizar, en calquera momento e en calquera lugar, todo tipo de transaccións financeiras e que eles elixan como queren xestionar e contratar os seus produtos con ABANCA, a través de oficinas, da web, do teléfono, da banca electrónica ou da banca móbil. Coa incorporación de novos servizos como este ímolo conseguindo”, asegura Javier Díaz.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.