• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA pon en marcha a segunda edición do seu programa educativo Segura-Mente ABANCA

  • A iniciativa forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco co fin de mellorar os coñecementos da poboación neste ámbito.
  • Na primeira convocatoria participaron 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 anos de 274 centros escolares de toda España.
20191205-segura-mente

Descarga en alta resolución

04-12-2019
RSC

ABANCA vén de lanzar unha nova edición do programa de sensibilización educativa Segura-Mente ABANCA, co que busca axudar ao público infantil e xuvenil a entender conceptos como a prevención e o funcionamento de determinados produtos como os seguros. A iniciativa, que forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco en colaboración coa súa Obra Social, Afundación, está dirixida ao alumnado de Primaria (de 3º a 6º), ESO e FP Básica.

Nesta segunda convocatoria, os estudantes de menor idade terán que crear un cómic que plasme unha situación de risco e a súa solución, mentres que os de secundaria e formación profesional terán que elaborar un anuncio publicitario que promocione un seguro.

Estas actividades contribuirán a fomentar a cultura da prevención entre os participantes, xa que promoven a reflexión, ademais de afianzar o espírito emprendedor nas aulas a través da creatividade, o traballo en equipo e o sentido crítico que esixen os traballos que terán que presentar.

Para desenvolver os seus proxectos, os estudantes e os seus profesores contarán con abundante material didáctico, que xa está dispoñible na web do programa https://www.programaseguramenteabanca.com/, fundamentado na gamificación e na aprendizaxe baseada na resolución de problemas.

Un xurado composto por expertos en educación, creatividade, comunicación e seguros, ademais de por profesionais vinculados a ABANCA e á súa Obra Social, Afundación, elixirá a dous gañadores, un en cada categoría, que recibirán unha experiencia valorada en 1.000 euros para a aula.

Na primeira edición do programa, que se desenvolveu ao longo do pasado curso escolar 2018-2019, participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 anos de 274 centros escolares de toda España.

O obxectivo principal do programa Segura-Mente ABANCA é sensibilizar a nenos e mozos na cultura da prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros como un investimento ante os imprevistos da vida, de acordo coas recomendacións da OCDE para mellorar a educación financeira da cidadanía e capacitar ás próximas xeracións para tomar decisións informadas na vida adulta.

O prazo de recepción de traballos para participar nesta segunda convocatoria finaliza o 29 de marzo. Os centros escolares ou profesores interesados en participar cos seus alumnos e alumnas poden consultar toda a información na web do programa: https://www.programaseguramenteabanca.com/.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Francisco Botas: “A transición cara a sostibilidade debe facerse de maneira ordenada e por sectores, e chegar a cada individuo”

02-12-2019
RSC

O conselleiro delegado de ABANCA fixo un chamamento a implicar aos cidadáns na evolución cara a unha sociedade sostible, avogou por unha transición ordenada e planificada cara ao novo modelo, e expuxo as accións postas en marcha por ABANCA para promover a sostibilidade.

20191202-abanca-prisa

ABANCA e Afundación renden homenaxe aos seus voluntarios cun acto en Santiago

29-11-2019
RSC

ABANCA e Afundación recoñeceron o compromiso das persoas que forman parte do seu programa de voluntariado cun acto celebrado no Auditorio ABANCA de Santiago.

20191129-abanca-voluntarios-santiago

Elementos da mediateca relacionados:

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. O artigo premiado, titulado «En manos de Dios», foi publicado en La Voz de Galicia e aborda a ética de determinadas ...

ABANCA lanza o programa ‘Vive la vida’ para maiores de 55 anos

05.11.2019. O programa estrutúrase en catro alicerces para atender todas as demandas do colectivo: lecer, crecemento persoal, ...

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, interveu esta mañá na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

ABANCA lanza o programa ‘Vive la vida’

05.11.2019. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, ...

ABANCA lanza o programa ‘Vive la vida’

05.11.2019. Declaracións de Manuel Nogueira, director de Banca Particulares de ABANCA, durante a presentación do programa ...

ABANCA lanza o programa ‘Vive la vida’

05.11.2019. Declaracións de Manuel Nogueira, director de Banca Particulares de ABANCA, durante a presentación do programa ...

Discurso Juan Carlos Escotet introducción I Jornada Finanzas Sostenibles ABANCA

Discurso Juan Carlos Escotet introducción I Jornada Finanzas Sostenibles ABANCA

An Overview of IESIDE

Folleto informativo sobre IESIDE (PDF navegable en inglés).

Estudio cualitativo séniors activos

Estudio cualitativo sobre hábitos, intereses e preocupacións dos maiores de 55 anos realizado pola consultora Big Band e ...

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)