• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA potencia a súa rede de axentes financeiros para crecer no negocio patrimonial

  • O banco reforzará a canle axencial co obxectivo de posicionala en cinco anos entre as primeiras redes do mercado
  • O servizo enfocarase principalmente a clientes de banca persoal e privada e será complementario ao do resto de canles do banco
20230706-abanca-4

Descarga en alta resolución

06-07-2023
Negocio

ABANCA potenciará a súa rede de axentes financeiros para apoiar a súa estratexia de crecemento en España e impulsar o negocio de patrimonios medios e altos. A entidade marcouse como obxectivo ata 2027 posicionar esta unidade entre as primeiras redes axenciais do mercado cun modelo complementario ao resto de canles do banco, no que prima a calidade de servizo ao cliente.

O plan estratéxico deseñado por ABANCA para consolidar este servizo externo contempla o reforzo do equipo de axentes e colaboradores no conxunto do territorio nacional. A unidade seguirá focalizada na atención a clientes de banca persoal e privada a través dun servizo financeiro global e especializado, adicional ao que o banco presta a través da súa rede de oficinas e canles a distancia.

A oferta financeira da rede de axentes de ABANCA reforzarase cunha ampla gama de fondos de investimento e solucións de aforro e aseguramento, así como produtos exclusivos de ABANCA Privada. Ademais, os clientes poderán acceder a través destes profesionais a servizos de alto valor do banco, como a xestión discrecional de carteiras ou o asesoramento fiscal especializado, entre outros.

“A estratexia de crecemento da canle axencial de ABANCA baséase nun modelo que prioriza a calidade do servizo ao cliente. Para iso, contaremos cun catálogo de produtos altamente competitivo e un equipo de profesionais especializados e de alto desempeño, orientados ao cliente e á achega de negocio de alto valor engadido”, destaca César Morano, director de Redes Externas de ABANCA.

Aínda que se trate dunha rede externa, ABANCA promoverá a formación continua como panca para desenvolver o talento dos seus axentes financeiros, así como a interiorización da cultura, os valores corporativos e a forma de facer banca característicos da entidade galega.

A canle de axentes financeiros de ABANCA iniciou a súa actividade en 2021, tras a integración das redes axenciais procedentes de Bankoa ABANCA e Novo Banco. Nos dous últimos anos, a entidade desenvolveu este servizo externo coa incorporación de novos profesionais, así como a implementación de melloras no catálogo de produtos e servizos, e nas ferramentas e procesos operativos. En Portugal, ABANCA dispón dunha rede de 27 axentes financeiros, que a converten nun dos principais operadores neste ámbito nese país.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Bankoa ABANCA e Itsas Garapen Elkartea reforzan a súa colaboración para abordar os retos actuais do sector da economía do mar

30-06-2023
Negocio

Ambas as entidades asinan un acordo encamiñado a ofrecer novas alternativas de crédito aos beneficiarios dos proxectos vinculados ao grupo de acción local.

20230630-abanca-itsas

ABANCA e as confrarías do norte de Pontevedra promoven a renovación da frota e o cambio xeracional no sector

21-06-2023
Negocio

O banco colabora con 16 entidades do mundo da pesca e o marisqueo na provincia e crea solucións para os retos do día a día do sector, moi marcado pola actual conxuntura económica.

20230621-abanca-cofradiaspontevedra

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.