• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA presenta a súa nova tarxeta ‘Tú NX’ xunto aos xogadores do ABANCA Ademar

  • A entidade financeira, acompañada polo equipo leonés, mostra a nova imaxe da súa tarxeta de débito para o segmento novo
  • A tarxeta, para clientes de ata 35 anos, sitúase como unha das mellores do mercado, xa que é gratuíta e permite retiradas en caixeiros de todo o mundo
20190523-abanca-ademar

Xogadores do ABANCA Ademar mostran a nova imaxe da tarxeta 'Tú NX', acompañados por representantes de ABANCA en León.

Descarga en alta resolución

23-05-2019
Negocio

ABANCA elixiu o Club Balonmán Ademar León para presentar a nova imaxe da súa tarxeta de débito para os máis novos, que pasa a denominarse ‘Tú NX’. A entidade financeira, primeiro patrocinador do club, reuniu esta mañá na súa oficina principal na capital leonesa aos xogadores do primeiro equipo ademarista para dar a coñecer o novo deseño da tarxeta, cuxas vantaxes a sitúan como unha das máis atractivas do mercado.

No acto participaron, ademais dos xogadores e de membros da directiva do ABANCA Ademar, o director de zona de ABANCA en León Centro, Marcos Álvarez; a directora da oficina principal de ABANCA en León, Pilar Redondo, e o director da oficina de León-Ramón e Cajal, Jesús Mazaira. Despois de entregar unha tarxeta a cada un dos xogadores, Marcos Álvarez indicou que “para ABANCA é un orgullo que os integrantes do primeiro club leonés sexan embaixadores da nosa nova tarxeta ‘Tú NX’ e poidan gozar de todas as súas vantaxes, pois lles permite operar en todo o mundo e coa máxima accesibilidade”.

A nova tarxeta de débito de ABANCA para o segmento novo incorpora como novidades a nomenclatura ‘Tú’ e o formato vertical, atributos de proximidade e adaptabilidade ao cliente replicados da tarxeta de crédito ‘Tú’, o plástico de referencia da entidade financeira.

Gratuíta e operativa en todo o mundo

Tú NX’ é unha tarxeta de débito contactless gratuíta (sen comisión de emisión, renovación nin mantemento anual, nin tampouco comisión de cambio de divisas no estranxeiro), aceptada en comercios e caixeiros de todo o mundo, que se dirixe ao segmento de clientes de entre 12 e 34 anos. Permite retirar efectivo gratis en caixeiros de ABANCA e ata cinco reintegros de diñeiro ao mes fóra de Galicia (Red Euro 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros) e outros cinco en calquera rede internacional.

Ademais, os titulares desta tarxeta de débito de ABANCA gozan de descontos en gasolineiras Galp e en centos de establecementos co programa de Privilexios Euro 6000. Outra das vantaxes deste produto é que incorpora un seguro gratuíto asociado de roubo ou atraco en caixeiro e uso fraudulento. Todas estas condicións sitúan a tarxeta ‘Tú NX’ entre as mellores do mercado no segmento de clientes máis novos.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA presenta ás confrarías do sur da Coruña as súas opcións de crédito para renovación de flota e sostibilidade pesqueira

23-10-2019
Negocio

ABANCA vén de reforzar a alianza financeira que mantén coas confrarías de pescadores da zona sur da Coruña. A entidade financeira firmou hoxe cos pósitos de Barbanza, Noia, Muros, Fisterra e Terra de Soneira novos convenios de colaboración con distintas opcións de crédito adaptadas ás particularidades deste colectivo e orientadas a mellorar a súa competitividade.

20191023-cofradias-santiago

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións e estrea novas oficinas corporativas para a súa división de seguros

22-10-2019
Negocio

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, presentaron hoxe os últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu negocio asegurador, unha das liñas clave na actividade do banco.

20191022-abanca-seguros-1

Elementos da mediateca relacionados:

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións

22.10.2019. Presentación dos últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu negocio asegurador, unha das liñas clave ...

I Xornada de Finanzas Sostibles

18.20.2019. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, interveu esta mañá na introdución da I Xornada de Finanzas Sostibles ...

ABANCA e CGD pechan a compravenda de Banco Caixa Geral

14.10.2019. ABANCA e Caixa Geral de Depósitos pecharon o proceso de compravenda de Banco Caixa Geral, S.A. coa firma do ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

ABANCA lanza su compañía de vida y pensiones

22.10.2019. Declaracións de Francisco Botas durante a presentación dos últimos pasos dados pola entidade na xestión do seu ...

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións

22.10.2019. Declaracións de Juan Carlos Escotet Rodríguez durante a presentación dos últimos pasos dados pola entidade na ...

ABANCA lanza a súa compañía de vida e pensións

22.10.2019. Declaracións de Álvaro García Diéguez durante a presentación dos últimos pasos dados pola entidade na xestión ...

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA Portugal

Presentación ABANCA Portugal

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)