• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA presenta a súa primeira memoria de Responsabilidade Social Corporativa

  • A memoria responde á vontade de transparencia de ABANCA, segundo o seu vicepresidente Juan Carlos Escotet Rodríguez
  • O documento seguiu a guía 4 de GRI
20160616-abanca-presentacion-memoria-rsc-2015-3

O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a presentación da primeira Memoria de Responsabilidade Social Corporativa da entidade

Descarga en alta resolución

20160616-abanca-presentacion-memoria-rsc-2015-4

Descarga en alta resolución

20160616-abanca-presentacion-memoria-rsc-2015

Primeira Memoria de RSC de ABANCA

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación Memoria Responsabilidade Social Corporativa ABANCA Principais datos da primeira Memoria de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA
  • Memoria Responsabilidade Social Corporativa ABANCA 2015 Primeira memoria de RSC de ABANCA, documento que dá conta da súa actividade no 2015 nos planos social, de goberno corporativo e de negocio.
  • Folleto resumen da Memoria de RSC de ABANCA 2015 Documento que resume as principais actividades de RSC de ABANCA en 2015.
16-06-2016
Corporativo RSC

ABANCA presentou esta mañá a súa primeira Memoria de Responsabilidade Social Corporativa, un documento que dá conta das actividades desenvolvidas pola entidade financeira en 2015 nos planos social, de goberno corporativo e de negocio.

No acto de presentación, que tivo lugar na sede de Afundación na Coruña coa asistencia de máis de 150 invitados, estiveron presentes o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación, Miguel Ángel Escotet Álvarez.

Na súa intervención Juan Carlos Escotet Rodríguez vinculou a elaboración da memoria á vontade de transparencia da entidade, unha das súas señas de identidade fundamentais. “Tanto na nosa actividade comercial como na nosa información económica e no noso modelo de goberno corporativo queremos ser totalmente transparentes, en primeiro lugar cara aos nosos clientes, pero tamén cara ao conxunto da sociedade”, explicou.

A memoria segue a guía 4 de GRI

No proceso de redacción da súa primeira memoria de RSC, ABANCA seguiu a G4 do Global Reporting Initiative (GRI. De acordo con este modelo, a memoria recolle 159 indicadores, 58 de eles xenerales e 101 específicos da actividade desenvolvida por ABANCA.

A memoria foi revisada de maneira independente por KPMG según ISA 3000 e superou satisfactoriamente o Content Index Service do Global Reporting Initiative (GRI) en maio de 2016 de acordo á opción de conformidade exhaustiva.

O deseño e maquetación do documento foron realizados por Trébore, grupo de empresas de economía social vinculado á Fundación Paideia Galiza. Ademais dunha versión impresa en papel 100% reciclado, da que se distribuirán máis de 1.000 copias entre numerosas empresas, entidades e organismos públicos de Galicia, a memoria contará cunha versión PDF navegable que se poderá consultar online en www.abanca.com. Ademais, realizouse un folleto resumen que se porá a disposición dos clientes de ABANCA na súa rede de oficinas.

Confiabilidade e responsabilidade

Na presentación do documento Juan Carlos Escotet Rodríguez repasou os principais fitos alcanzados polo banco en 2015, vinculándoos ao catro valores que forman o núcleo da cultura corporativa da entidade: calidade, confiabilidade, responsabilidade e innovación.

No capítulo de confiabilidade, Escotet destacou os logros da entidade en materia de solvencia e rendibilidade, a adopción dun modelo de goberno corporativo que incorpora os máis altos estándares internacionais, a aplicación dun código ético de obrigado cumprimento para todo o persoal, a aprobación no ámbito laboral dun plan de igualdade, a adhesión a iniciativas éticas de tipo institucional como o Pacto Mundial, e a gran implantación da entidade sobre o terreo, cunha rede de oficinas que cobre o 98% da poboación de Galicia e está presente nas principais localidades do resto de España. “Somos un banco sólido, solvente, ético e próximo no que a sociedade pode confiar”, resumiu.

Baixo o epígrafe de responsabilidade, o vicepresidente de ABANCA enumerou as accións de RSC desenvolvidas polo banco no terreo formativo e cultural (difusión da Colección de Arte ABANCA, planificación do IESIDE, programa de educación financeira), de promoción do deporte (acordo coa Fundación Deporte Galego), de protección dos debedores hipotecarios (aplicación do Código de Boas Prácticas, cesión de vivendas, alugueres sociais, renegociación de débedas pendentes), de acción social (ReSuena, S.O.S. Nepal, bancos de alimentos) e de voluntariado corporativo (protección de ecosistemas, colaboración con entidades sociales).

Ademais referiuse á alianza con Afundación, á que ABANCA apoia económica e organizativamente e coa que colabora no desenvolvemento do seu programa de actividades formativas, de envellecemento activo, artísticas e culturais.

A memoria tamén reflicte o compromiso da entidade coa súa contorna, materializado no impacto económico (directo, indirecto e inducido) da súa actividade corporativa e de financiamento, que supón o 1,42% do PIB galego e case 16.000 empregos, no seu apoio a compañías galegas en dificultades, que contribuíu ao mantemento de 300 empresas e 11.000 empregos, e nas súas actuacións no terreo ambiental.

Calidade e innovación

Co obxectivo de mellorar de xeito continuo o servizo que ofrece aos seus clientes, ABANCA situou a sinxeleza e a transparencia como criterios fundamentais á hora de deseñar os seus produtos e servizos, apostou polas certificacións como forma de acreditar a súa calidade, incrementou as capacidades do seu persoal cun amplo programa de formación, potenciou a funcionalidade das súas canles web, móbil e telefónica, e reforzou as vías de comunicación co cliente.

Como se recolle na memoria, a entidade está a implantar na súa actividade numerosas innovacións, como o seu programa ABANCA Dixital e o seu novo modelo de oficina. ABANCA, única entidade europea e segunda do mundo en dispor da certificación CMMI nivel 5 de madurez no desenvolvemento de software, investiu un total de 82 millóns de euros en innovación en 2015.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.