• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA presenta ás confrarías da ría de Vigo a súa nova oferta financeira para renovación de flota e proxectos sostibles

  • A entidade financeira explica aos patróns maiores do sur de Galicia o seu plan de financiamento para a modernización de barcos e o apoio de investimentos de mellora da sostibilidade pesqueira
  • A través da súa unidade especializada ABANCA Mar, o banco reforza o marco de colaboración cos pósitos e aborda nunha mesa de traballo os principais retos e necesidades do sector
20190912-abanca-cofradias-vigo-2

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, primeiro pola dereita, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, segundo pola esquerda, xunto aos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución

20190912-abanca-cofradias-vigo

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, cuarto pola dereita xunto aos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución

12-09-2019
Negocio

ABANCA mantivo esta tarde unha reunión de traballo con responsables das principais confrarías de pescadores da ría de Vigo, co obxectivo de reforzar o marco de colaboración estable que mantén con este colectivo. A entidade aproveitou o encontro para presentar as novidades da súa oferta financeira dirixida á cadea de valor do mar, centradas no apoio á renovación da flota pesqueira e a proxectos orientados á mellora da sostibilidade do sector.

Na reunión, celebrada na sede institucional do banco en Vigo, participaron o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como outros representantes da entidade financeira vinculados co negocio do sector pesqueiro. Por parte das confrarías asistiron Iago Soto García, patrón maior da Confraría San Francisco de Vigo; Juan Alberto Cal Dacosta, patrón maior da Confraría Virxe do Carme de Arcade; Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría Santa Trega de A Guarda; Clemente Bastos Estévez, patrón maior da Confraría San Xoán de Redondela; Susana González Álvarez, patroa maior da Confraría A Anunciada de Baiona; Jose Manuel Gregorio Vaqueiro, patrón maior da Confraría San Cibrao de Aldán-Hío, e Francisco Javier Costa García, patrón maior da Confraría San Xosé de Cangas.

Novo acordo de colaboración conxunta

Durante o encontro, os sete pósitos asistentes renovaron o acordo de colaboración financeira que manteñen con ABANCA e coñeceron a nova oferta de produtos e solucións de financiamento deseñada pola entidade para atender as necesidades das empresas e profesionais do mundo do mar. O catálogo pon o foco en dar resposta a dous grandes desafíos que ten por diante este sector: a renovación da flota pesqueira e a mellora da sostibilidade.

Tal como explicaron os representantes de ABANCA durante esa mesa de traballo, a entidade ten en marcha, a través da súa unidade especializada ABANCA Mar, un ambicioso plan de financiamento, con produtos específicos como hipotecas navais, préstamos a tipo fixo ou pólizas de crédito deseñados ad hoc para apoiar ao sector nos procesos de construción de novas embarcacións, remodelación ou segunda adquisición de barcos.

Ademais, ABANCA trasladou aos pósitos durante esta reunión o seu compromiso co financiamento de proxectos de investimento que contribúan á mellora da sostibilidade social, económica e medioambiental do sector marítimo-pesqueiro.

A oferta presentada onte tamén inclúe solucións adaptadas para o financiamento de circulante, préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou de dereitos de pesca; anticipos de subvencións ou para facer fronte a paros biolóxicos ou pago de impostos, así como liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros produtos. A xornada permitiu a ABANCA coñecer de primeira man a realidade deste sector clave para a economía galega e, especificamente, as inquedanzas das confrarías da ría de Vigo. Coa cita celebrada esta tarde, xa son catro as edicións dunha reunión impulsada pola entidade financeira co obxectivo de traballar de maneira conxunta para dar resposta ás demandas que expón este colectivo.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA activa liñas de financiamento sostible para os agricultores do Bierzo

05-08-2021
Negocio

A entidade financeira pon ao dispor da Asociación Berciana de Agricultores opcións de crédito para mellorar a eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías limpas.

20210805-convenio-aba

ABANCA lanza o seu terceiro fondo de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras

23-07-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA reforzará o seu catálogo de produtos de investimento sostible co lanzamento dun novo fondo de investimento marca ABANCA vinculado á loita contra o cambio climático e a descarbonización da economía.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)