• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA presenta ás confrarías do norte da Coruña a súa nova oferta para mellorar a competitividade do sector pesqueiro

  • A entidade prioriza o apoio financiero á modernización das embarcacións e a investimentos que promovan a sostibilidade e a eficiencia enerxética
  • O banco renova os acordos de colaboración que garanten a 18 confrarías do litoral norte da provincia coruñesa o acceso ás mellores alternativas de crédito
  • A entidade completa na Coruña unha rolda de encontros cos principais pósitos galegos para establecer unha fronte común e avanzar en solucións adaptadas ás súas necesidades máis urxentes
20211117-abanca-cofradias-1

Na reunión participaron representantes de ABANCA e das principais confrarías de pescadores do litoral norte da provincia coruñesa.

Descarga en alta resolución

20211117-abanca-cofradias-2

Un momento do encontro, no que se renovou o acordo marco de colaboración financeira que une a ABANCA cos pósitos da zona norte da Coruña.

Descarga en alta resolución

18-11-2021
Negocio

ABANCA presentou ás principais confrarías do norte da Coruña as novidades da súa oferta financeira adaptada ao sector pesqueiro galego e orientada á mellora da súa competitividade e transformación cara a un modelo máis sostible. Na súa proposta integral desenvolvida pola súa unidade especializada nesta cadea de valor, ABANCA Mar, a entidade galega prioriza o apoio financeiro á renovación da frota e a proxectos de investimento que fomenten a eficiencia enerxética e biodiversidade, así como a redución do impacto climático.

A presentación tivo lugar durante un encontro no que participaron o director territorial do banco na Coruña, Gerardo Fuertes; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e representantes das principais confrarías de pescadores do litoral norte da provincia coruñesa, así como varios responsables comerciais do banco. A reunión serviu tamén para renovar o acordo marco de colaboración financeira que une ao banco cos pósitos desta zona costeira galega e que garanten o acceso ás mellores alternativas de crédito. Esta alianza inclúe a un total de 18 confrarías do norte da Coruña: Ares, Barallobre, Barqueiro-Bares, Caión, Cariño, Cedeira, A Coruña, Corme, Espasante, Ferrol, Laxe, Lorbé, Malpica, Mera, Miño, Mugardos, Pontedeume e Sada.

Esta oferta especializada para os pósitos pon o foco en solucións flexibles de financiamento, como hipotecas navais, préstamos ou leasing con prazos máis amplos de amortización ou posibilidade de carencia, orientadas a incentivar a construción de novas embarcacións, a remodelación ou segunda adquisición de barcos máis eficientes e menos contaminantes. Ademais, inclúense créditos en condicións especiais para investimentos máis sostibles e mellora da eficiencia enerxética.

O acordo tamén inclúe respostas financeiras para atender necesidades de liquidez puntuais, con produtos adaptados como unha póliza de crédito específica para o sector pesqueiro. Ademais, contémplanse alternativas para reducir o impacto da caída da demanda ou da baixada de prezos, como anticipos de axudas, aprazamentos de impostos ou liñas de desconto. Completan esta oferta outras opcións como as liñas de avais e confirming.

O acordo tamén compromete a ABANCA a ofrecer a este colectivo información específica sobre opcións de aseguramento dos seus negocios, así como de oportunidades de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco mantén co ICO, IGAPE e as SGR galegas.

Diálogo continuo co sector

O encontro coas confrarías da zona norte da Coruña pecha a rolda de reunións celebradas nos últimos meses por ABANCA, por sexto ano consecutivo, nas catro provincias galegas coa participación dos principais pósitos. Estes foros, ademais de referendar os acordos de colaboración que unen á entidade con estes axentes e dar a coñecer as novidades da oferta de ABANCA Mar, teñen como obxectivo fixar as liñas de futuro, compartir os desafíos do sector e recoller propostas do colectivo para ofrecer solucións adaptadas ás súas particularidades.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA finaliza a integración de Bankoa coa migración tecnolóxica e a implantación da marca

15-11-2021
Negocio

A migración tecnolóxica á plataforma ABANCA completouse con éxito nunha fin de semana caracterizada pola normalidade e a ausencia de incidencias.

20211115-abanca-bankoa-1

ABANCA e as confrarías do sur da Coruña únense para mellorar a sostibilidade do sector pesqueiro

04-11-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA e as principais confrarías do sur da provincia coruñesa establecen unha fronte común para abordar a recuperación do sector tras o impacto da pandemia e impulsar a súa transformación cara a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente.

20211104-abanca-1

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)