• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA recibe a autorización do Banco Central Europeo para culminar a compra de Banco Caixa Geral

  • A entidade financeira completa os trámites formais previos á firma da adquisición da filial española de Caixa Geral de Depósitos, que se formalizará nas próximas semanas
  • Esta operación corporativa permitirá sumar 7.000 millóns en volume de negocio e máis de 131.000 clientes, xestionados a través dunha rede de 110 oficinas repartidas en dez comunidades autónomas
20190909-abanca-generica

Unha vez completada a integración de Banco Caixa Geral, ABANCA sumará un volume de negocio de 7.000 millóns de euros e 131.000 clientes.

Descarga en alta resolución

09-09-2019
Corporativo

ABANCA acaba de recibir a autorización do Banco Central Europeo (BCE) á operación de compra de Banco Caixa Geral, a entidade a través da cal opera en España o Grupo Caixa Geral de Depósitos. A luz verde do BCE supón o último requisito para culminar a adquisición, que se pechará formalmente nas próximas semanas coa firma do contrato de compravenda.

A finalización destes trámites administrativos permitirá acelerar a fusión de ambas as entidades, que estará avalada pola dilatada experiencia de ABANCA neste tipo de procesos. De acordo co calendario previsto neste proxecto, a integración informática, xurídica e contable de ambas as entidades será unha realidade no primeiro trimestre de 2020.

As claves do proxecto de integración e as súas fases de execución foron definidas nos últimos meses de forma coordinada por equipos multidisciplinares dos dous bancos. Estes traballos previos tiñan como obxectivo identificar os mellores procesos e prácticas en cada unha das áreas, coa premisa de ofrecer aos clientes a mellor experiencia e calidade de servizo.

Unha vez completada a integración de Banco Caixa Geral, ABANCA sumará un volume de negocio de 7.000 millóns de euros e 131.000 clientes, xestionados a través dunha rede comercial de 110 oficinas en España, con especial presenza nas provincias máis próximas á fronteira con Portugal. Integrará tamén un cadro de persoal formado por máis de 500 profesionais.

En conxunto, o banco resultante ascenderá ao sétimo posto na clasificación de entidades españolas por patrimonio neto e ao oitavo por volume de activos. ABANCA consolídase así como unha das entidades máis relevantes do mercado ibérico, cunha notable presenza nos dous países da península, grazas a esta operación, pero tamén á recente integración de negocio adquirido a Deutsche Bank en Portugal.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.