• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA recoñece a traxectoria de 196 empregados que cumpren máis de 25 anos de traballo na entidade

  • Os homenaxeados recibiron insignias conmemorativas de mans do presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas, e outros membros do Comité de Dirección
20171124-abanca-insignias-general

Foto de familia de todos os empregados e empregadas recoñecidos polos seus anos de traballo.

Descarga en alta resolución

20171124-abanca-insignias-coruna

Empregados e empregadas recoñecidos da Dirección Territorial A Coruña.

Descarga en alta resolución

20171124-abanca-insignias-vigo

Foto de familia dos profesionais recoñecidos da Dirección Territorial Vigo.

Descarga en alta resolución

2017-11-24-abanca-insignias-pontevedra

Foto de grupo dos empregados e empregadas recoñecidos da Dirección Territorial Pontevedra.

Descarga en alta resolución

20171124-abanca-insignias-santiago

Foto de familia dos profesionais recoñecidos da Dirección Territorial Santiago.

Descarga en alta resolución

20171124-abanca-insignias-ourense

Empregados e empregadas da Dirección Territorial Ourense recoñecidos polos seus anos de traballo.

Descarga en alta resolución

201711-24-abanca-insignias-lugo

Foto de familia de todos os empregados e empregadas recoñecidos da Dirección Territorial Lugo.

Descarga en alta resolución

24-11-2017
Corporativo

ABANCA recoñeceu esta tarde, mediante a entrega de insignias conmemorativas, a traxectoria profesional de 196 empregados que en 2017 cumpren 25, 30 o 35 anos de servizo. O acto, celebrado en Pontevedra, contou coa presenza do presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas, e outros membros do Comité de Dirección da entidade.

Juan Carlos Escotet agradeceu en nome da entidade a “fidelidade, dedicación e arroxo” demostrados polos empregados homenaxeados ao longo do seu amplo percorrido profesional no banco. “Co voso esforzo, firmeza e desempeño, e grazas ás relacións de confianza que cimentastes ao longo dos anos cos nosos clientes, convertéstesvos en parte cardinal deste banco das persoas e para as persoas que é ABANCA”, manifestou o presidente.

Pola súa banda, Francisco Botas tamén encomiou a “lealdade, esforzo, coraxe e saber facer” dos galardoados. “Tedes un valor diferencial difícil de substituír porque o voso coñecemento e a vosa experiencia son básicos para fortalecer o noso proxecto de banco; sodes o capital máis valioso que temos para mellorar e para crecer”, subliñou.

Máis de 5.500 anos de experiencia acumulada

Os case 200 empregados distinguidos este ano por ABANCA (51 da Dirección Territorial da Coruña, 50 da DT Vigo, 33 da DT Pontevedra, 19 da DT Ourense, 15 da DT Lugo, 15 da DT Santiago, 12 da DT España e 1 da DT Asturias/León) suman no seu conxunto máis de 5.500 anos de experiencia profesional na entidade financeira galega. A maioría traballa na rede comercial de ABANCA, aínda que entre os premiados figuran tamén profesionais que desempeñan funcións en áreas de servizos centrais e outras empresas do grupo.

Os galardoados recibiron de mans dos principais directivos da entidade as insignias conmemorativas en recoñecemento aos seus 25, 30 ou 35 anos de dedicación. Durante o acto, os homenaxeados estiveron arroupados polos seus familiares, así como por responsables das distintas direccións territoriais, rede comercial e capital humano da entidade.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

O Consello Asesor de Bankoa ABANCA e a Universidade de Deusto exploran novas vías de colaboración

23-03-2023
Corporativo

O Consello Asesor de Bankoa ABANCA mantivo hoxe en Bilbao un encontro co equipo reitor da Universidade de Deusto co obxectivo de explorar posibles áreas de actuación que reforcen a colaboración entre ambas as entidades.

20230323-bankoa-abanca-deusto

ABANCA fusiona Imantia Capital e Bankoa Gestión na compañía ABANCA Gestión de Activos

23-02-2023
Corporativo Negocio

A operación completouse unha vez obtidos os permisos correspondentes

20230223-abanca-gestion-activos

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)