• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA reforza a súa colaboración coas confrarías da Coruña cunha nova oferta adaptada ás súas necesidades

  • A entidade financeira escenifica o seu compromiso co sector pesqueiro nun acto no que asina un novo convenio de colaboración con 15 confrarías do norte da provincia
  • O banco e os pósitos coruñeses compartiron unha mesa redonda na que debateron sobre os retos e oportunidades do sector
20181126-abanca-cofradias-2

O director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes (duodécimo pola esquerda) e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (duodécimo pola dereita), durante o acto celebrado coas confrarías coruñesas.

Descarga en alta resolución

20181126-abanca-cofradias

O director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes (sexto pola esquerda) e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (cuarto pola esquerda), durante o acto celebrado coas confrarías coruñesas.

Descarga en alta resolución

26-11-2018
Negocio

ABANCA segue avanzando no seu plan de apoio ao sector pesqueiro galego e celebra unha nova reunión estratéxica na Coruña con representantes das principais confrarías da área de influencia da cidade herculina. O acto serviu tamén para renovar o convenio de colaboración que une ao banco con estes pósitos. Con esta firma, a entidade financeira plasma novas opcións de financiamento para 15 confrarías do norte da provincia.

No acto, celebrado esta tarde na sede de Afundación na Coruña, participaron, por parte da entidade financeira, o director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga; o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; así como diversos directores de zona e de oficina do norte da provincia da Coruña.

Por parte das confrarías tomaron partido Felipe Canosa Entonado, patrón maior da Confraría de A Coruña; Jorge López Pena, patrón maior da Confraría Santiago Apóstol de Barallobre; José Héctor Morgade Carracedo, patrón maior da Confraría de Caión; Javier Pita López, patrón maior da Confraría Nuestra Señora del Carmen de Cariño; Eduardo Gónzalez López, patrón maior da Confraría de Cedeira; Roberto Vidal Pombo, patrón maior da Confraría de Corme; Manuel Montero Toimil, patrón maior da Confraría de Ares; Manuel Villar Vidal, patrón maior da Confraría de Laxe; Emilio Méndez Gómez, patrón maior da Confraría de Lorbé; José Francisco Rodriguez Grille, secretario da Confraría de Malpica; Francisco Manuel Sánchez Neira, patrón maior da Confraría de Mera; José Manuel Fernández Lage, patrón maior da Confraría de Miño; Omar Enrique Lucci Muñoa e Andrés Rubén Sanesteban Filgueira, patrón maior e vice patrón da Confraría Sal Telmo de Mugardos; Santiago Salgado Amado, patrón maior da Confraría Virgen del Carmen de Pontedeume; e Alberto Castro García, secretario da Confraría de Sada.

Novas opcións de financiamento

Grazas a este novo acordo de colaboración, ABANCA pon a disposición das confrarías unha póliza de crédito específica, con xuros moi baixos, pensada para facer fronte aos períodos de caída de ingresos. O convenio tamén suma outra novidade importante, cunha serie de produtos específicos destinados a facer fronte a outra das principais preocupacións do sector, a renovación da frota.

As novidades deste texto complétanse cun novo catálogo de seguros especialmente pensados para este sector. Ademais, un equipo de xestores especializados en seguros de empresa encargarase de informar das pólizas que mellor se adapten ás necesidades específicas da súa actividade.

O acordo inclúe igualmente outros produtos habituais como préstamos persoais sen xuros ou comisións para aprazar o pago de impostos ou subvencións, liñas de desconto, leasing mobiliario, avais ou liñas de comercio exterior.

Así mesmo, os membros das confrarías poderán acceder outros plans de financiamento con respaldo institucional, como o Plan Activamos subscrito por ABANCA e a Deputación da Coruña, ou outros acordos con organismos oficiais como ICO, Igape ou a Sociedade de Garantía Recíproca Afigal.

Especial atención ao sector pesqueiro

Tras a firma do convenio, os representantes de ABANCA e as confrarías compartiron unha mesa redonda na que analizaron as necesidades e principais desafíos do sector. Os representantes dos pósitos compartiron as súas preocupacións cos membros da entidade financeira e formularon peticións para, no futuro, seguir ampliando o convenio de colaboración que manteñen co banco.

Esta é a terceira edición dunha reunión dirixida a coñecer de primeira man a realidade do sector e traballar de maneira conxunta en resolver as principais demandas dun sector clave para a economía galega. Os acordos que mantén ABANCA coa maior parte das confrarías de Galicia encaixan coa súa estratexia de apoio ao sector primario.

A entidade financeira apoiou desde sempre o traballo e esforzo dos traballadores do mar. Un compromiso que se viu reforzado hai dous anos coa creación dunha división específica do banco que dá respostas a un sector amplo e heteroxéneo cun crecente catálogo de produtos e uns profesionais altamente cualificados: ABANCA Mar.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.