• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA reforza o seu apoio ao sector primario estremeño logo de comprometerse cos principais sindicatos agrarios da rexión

  • A entidade financeira reafirma o seu apoio ao mundo do campo, que atravesa retos e desafíos estruturais neste inicio de ano
  • ABANCA ofrece alternativas de financiamento creadas especialmente para impulsar a mellora competitiva do campo e ofrecer solucións sostibles
  • O banco pon a disposición dos gandeiros a experiencia da súa unidade especializada ABANCA Agro, creada expresamente para achegarse ás necesidades do sector
20220111-abanca-agrarios-extremadura

O director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado, xunto ao secretario de UPA Extremadura, Maximiniano Alcón.

Descarga en alta resolución

20220111-abanca-agrarios-extremadura-2

O director de zona de ABANCA en Cáceres, Benjamín Gómez, e o coordinador de ABANCA Agro en Extremadura, Roberto Torres, xunto ao secretario técnico de La Unión Extremeña, Luis Cortés.

Descarga en alta resolución

11-01-2022
Negocio

ABANCA comeza o ano reafirmando o seu compromiso cos principais sindicatos agrarios de Estremadura, logo de asinar convenios de colaboración con UPA Extremadura e La Unión Extremeña. Estas firmas súmanse ao convenio que a entidade financeira mantén en vigor con APAG Extremadura ASAJA e que serve para ofrecer solucións financeiras a medida para os agricultores agrupados nos tres sindicatos agrarios máis relevantes da rexión.

Estas firmas buscan elaborar unha estratexia común para facilitar a recuperación do sector en Estremadura e garantir a súa viabilidade, centrándose nas súas necesidades crediticias. O director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado, o director de zona de ABANCA en Cáceres, Benjamín Gómez, e o coordinador de ABANCA Agro en Estremadura, Roberto Torres, foron os encargados de asinar os novos textos. Por parte dos sindicatos participaron o secretario de UPA Extremadura, Maximiniano Alcón, e o secretario técnico de La Unión Extremeña, Luis Cortés.

Este novo acordo transversal reforza a aposta do banco por un sector de gran importancia na economía da rexión. Potencia fórmulas de crédito deseñadas man a man cos agricultores, que teñen en conta as súas necesidades actuais. Proba diso son produtos e servizos como o préstamo persoal ou o leasing mobiliario, con prazos moi longos que permiten a renovación e modernización de maquinaria e cultivos e a implantación de enerxías renovables.

Máis alá dos proxectos clave do colectivo, ABANCA e os sindicatos agrarios tamén avanzan na oferta de solucións ás necesidades máis perentorias do colectivo. Para iso lanzan produtos como o anticipo da colleita ou o préstamo de campaña, que son empregados polos profesionais para facer fronte aos gastos habituais da próxima colleita. Ademais, a partir de agora contan cunha liña específica de financiamento do seguro agrario que permite amortizar co cobro de colleitas ou da indeminización. Os beneficiarios do convenio poderán gozar doutras fórmulas de financiamento, como a póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos, que foi deseñada especificamente para o sector e que facilitará as necesidades de liquidez cun importante aforro nos gastos de formalización.

A estas alternativas personalizadas súmase o financiamento oficial, como un dos puntos máis relevantes do convenio. Dá entrada ás liñas oficiais tanto do ICO como do SAECA e destaca o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IIFXC), que incorpora unha garantía de ata o 80% por parte da Administración en actuacións como a compra de explotacións realizadas por agricultores novos ou as necesidades de liquidez sen vincular a investimentos. O acordo tamén abre a porta á comercialización da liña de renovación de maquinaria agrícola posta en marcha recentemente polo MAPA, que inclúe subvencións para avais da SAECA na compra destes elementos por importes de ata 100.000 euros e prazos de ata 10 anos.

Axilidade na tramitación das axudas PAC

Tanto o banco como os sindicatos agrarios traballarán na tramitación das axudas PAC, o que lles permitirá axilizar a domiciliación dos pagamentos e ofrecer alternativas de crédito para o anticipo. Como novidade, ABANCA activou préstamos preautorizados por importes de ata 100.000 euros, que se destinarán ao anticipo das axudas PAC e ao financiamento das primas dos seguros agrarios.

A experiencia da unidade especializada ABANCA Agro, que conta con xestores especializados e solucións a medida, dá continuidade ao compromiso que a entidade financeira mantén co tecido produtivo estremeño e máis concretamente cun dos seus sectores clave.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA expón o seu papel na transformación da economía a través dos fondos Next Generation

15-12-2021
Negocio

A sede de Afundación na Coruña acolleu esta mañá o evento de celebración do XXXV Aniversario de Expansión en Galicia, organizado polo diario económico en colaboración con ABANCA.

20211215-abanca-expansion-01

ABANCA permite ás empresas agrupar os seguros e pagalos mes a mes

09-12-2021
Negocio

ABANCA estende ás pemes e empresas a súa innovadora tarifa plana de seguros, que permite, sen custo algún, agrupar todas as pólizas nun único produto e repartir o custo da prima anual en cotas mensuais.

20211209-tarifa-plana-seguros-empresas

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)