• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA reforza o seu catálogo de investimento alternativo co produto Goldman Sachs Private Markets ELTIF

  • Estará en comercialización ata finais de xullo, cun importe mínimo de investimento de 10.000 euros
20201119-abanca-asg

Descarga en alta resolución

21-06-2023
Negocio

ABANCA incorporou ao seu catálogo para clientes de banca privada o produto de investimento Goldman Sachs Private Markets ELTIF, xestionado por Goldman Sachs Asset Management. Con esta incorporación, ABANCA segue ampliando o seu catálogo con novas opcións de investimento alternativo da man de grandes firmas globais.

O produto estará en comercialización ata finais de xullo e pode ser contratado por clientes de ABANCA Privada a partir dun importe mínimo de 10.000 euros. Esta cantidade é o limiar de investimento máis reducido dos diferentes productos alternativos que o banco comercializa. Con iso, ABANCA quere facilitar aos seus clientes o acceso a novas opcións de investimento alternativo e favorecer a diversificación das súas carteiras.

Goldman Sachs Private Markets ELTIF presenta un formato multi-estratexia que abarca todo o abanico de capacidades de investimento en mercados privados. O produto inviste, de maneira directa, en seis estratexias de private equity e crédito privado da plataforma global de Goldman Sachs: capital risco corporativo (private equity), capital risco crecemento (growth equity), capital privado infraestruturas, capital risco sostibilidade, crédito privado mezzanine (débeda subordinada de empresas) e crédito privado oportunista (financiamento de compañías en situacións especiais).

Outros produtos alternativos

A inclusión de Goldman Sachs Private Markets ELTIF no catálogo de banca privada de ABANCA súmase a outras accións desenvolvidas polo banco nos últimos exercicios co obxectivo de ofrecer aos seus clientes novas opcións de investimento. Algúns exemplos desta estratexia son a firma dun acordo con Edmond de Rothschild e a incorporación ao catálogo dos fondos Dunas Clean Energy I FCR, BlackRock Private Equity Opportunities ELTIF e Neuberger Berman Direct Private Equity 2022 ELTIF, neste caso como como única entidade en España.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita unha liña de crédito de 200 millóns para mitigar os efectos da sequía en Castela e León

20-06-2023
Negocio

ABANCA crea unha liña de crédito extraordinaria con 200 millóns de euros para facer fronte á situación de urxencia que vive o campo en Castela e León

20230620-abanca

ABANCA pon en marcha unha liña de financiamento multidestino para o sector agrogandeiro

19-06-2023
Negocio

ABANCA lanza un produto de financiamento multidestino, pensado para adaptarse ás necesidades de financiamento dos clientes do sector agrícola e gandeiro.

20230619-abanca-credito-agro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.