• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA reúnese na Habana coas comunidades galegas no exterior

  • Francisco Botas: “Este encontro permitiunos coñecer mellor e trasladarlles todo o noso apoio aos miles de galegos e galegas que residen e traballan noutros países”
  • A iniciativa forma parte da estratexia desenvolvida por ABANCA para contribuír a estreitar os lazos económicos entre Galicia e os países de destino da súa emigración
  • ABANCA ten clientes activos en 150 países
20160528-abanca-cuba-2

De esquerda a dereita, o director de No Residentes de ABANCA, Alberto Cacharrón; o director xeral de Internacional de ABANCA, Alfonso Caruana e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución

20160528-abanca-cuba-1

Descarga en alta resolución

28-05-2016
Corporativo

Representantes de ABANCA, encabezados polo seu conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron onte un encontro coa emigración galega na Habana no marco da celebración do XI Plenario do Consello de Comunidades Galegas. “Este encontro permitiunos coñecer mellor e trasladarlles todo o noso apoio aos miles de galegos e galegas que residen e traballan noutros países”, sinalou Francisco Botas.

A iniciativa forma parte da estratexia desenvolvida por ABANCA para contribuír a estreitar os lazos entre Galicia e as comunidades galegas residentes no exterior. A través da súa actividade como entidade financeira, ABANCA presta apoio á actividade económica dos emigrantes galegos en diferentes países, fomenta a internacionalización das empresas galegas e contribúe á dinamización das relacións entre os empresarios galegos residentes en Galicia e outros países. A entidade financeira galega ten clientes repartidos por 150 países.

O Consello de Comunidades Galegas, órgano representativo das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia, está integrado por representantes da emigración, a administración, a cultura e a universidade galega.

O evento, que reuniu a todas as comunidades galegas, contou coa presenza de 225 participantes entre representantes da Xunta de Galicia, presidentes das comunidades galegas no exterior e embaixadores de diferentes países en Cuba, entre eles o de España, Juan Francisco Montalbán.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.