• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA traslada ás confrarías do norte de Pontevedra o seu plan de crédito para mellorar a competitividade e sostibilidade do sector

  • O banco renova o acordo de colaboración que garante aos pósitos de Pontevedra e O Salnés e á Lonxa de Campelo o acceso a condicións especiais de financiamento
  • A entidade reforza a súa estratexia de apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro con solucións financeiras adaptadas para cubrir necesidades como renovación de frota, diminucións de actividade ou anticipos de axudas por paros biolóxicos
20220628-acto-cofradias-pontevedra-1

Representantes das confrarías do norte de Pontevedra e de ABANCA, durante o encontro.

Descarga en alta resolución

20220628-acto-cofradias-pontevedra-2

Carmen Fernández e Javier Fraga (ao fondo) charlan cos representantes das confrarías de pescadores.

Descarga en alta resolución

28-06-2022
Negocio

ABANCA acordou un novo plan de apoio financeiro coas confrarías de pescadores do norte de Pontevedra e a Lonxa de Campelo. Este acordo garante aos profesionais integrados nestas organizacións sectoriais o acceso a unha oferta financeira con condicións especiais, adaptada ás necesidades da pesca e o marisqueo, e orientada a mellorar a súa competitividade e sustentabilidade.

Este marco de colaboración foi reactivado nun encontro celebrado esta tarde en Pontevedra, no que participaron a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, e representantes das confrarías de Pontevedra, Lourizán, Marín, Vilaboa, Campelo, Raxó, Sanxenxo, Portonovo, Vilanova, Vilaxoán, O Grove, A Illa, e Cambados, e da Lonxa de Campelo. Tamén participaron no acto o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como varios directores de zona e de oficinas, coordinadores de negocio e xestores da rede comercial de ABANCA na zona norte de Pontevedra.

Apoio financeiro integral e adaptado

A oferta financeira acordada con estas organizacións sectoriais pon o acento no acceso ao crédito en condicións melloradas, con produtos e solucións de crédito adaptados ás particularidades de cada colectivo e focalizados na súa mellora competitiva e a súa transición cara a un modelo máis sostible. Desta forma, ABANCA Mar, a unidade de negocio do banco especializada na cadea de valor do mar, pon ao dispor das confrarías do norte da provincia e da Lonxa de Campelo fórmulas flexibles de crédito para facilitar a renovación de frota e a construción de embarcacións e instalacións máis eficientes e con menor pegada nos ecosistemas, así como para investimentos sostibles. Entre outras opcións, destacan a hipoteca naval, que permite introducir prazos amplos ou carencias, en función das particularidades de cada operación; pólizas de crédito en condicións especiais para financiar as fases iniciais de construción de embarcacións, ou anticipos de financiamento sostible.

Do mesmo xeito, o banco ofrece outros produtos específicos para dar resposta a necesidades particulares destes colectivos, como pólizas de crédito que permiten paliar as consecuencias de paros biolóxicos no sector pesqueiro, caídas de produción no sector armador ou o cesamento ou diminución de actividade marisqueira. Os protocolos asinados tamén garanten o acceso a outros produtos, como préstamos persoais a medida para o sector, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, Confir-MAR, avais ou liñas de desconto.

Neste marco de colaboración inclúense, ademais, opcións de aseguramento para os profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro representados polas organizacións asinantes, así como solucións de financiamento a través dos convenios oficiais que ABANCA mantén co ICO, as sociedades de garantía recíproca (SGR) galegas ou a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca).

Acceso ás axudas europeas

Ademais de referendar os acordos de colaboración que unen á entidade con estes colectivos e dar a coñecer as novidades do plan de apoio financeiro, este encontro serviu tamén para poñer en común os desafíos actuais do sector e establecer novas vías de traballo conxunto. Neste sentido, os representantes de ABANCA explicaron que unha das liñas de actuación prioritarias no banco é o apoio ao tecido produtivo para facilitarlle o acceso ás axudas dos fondos europeos de recuperación Next Generation EU.

A través das unidades especializadas Next Generation ABANCA e ABANCA Mar, a entidade financeira apoia aos clientes tanto no deseño das súas propostas (facilitando o acceso á información, axudando na selección de proxectos e asesorando financeiramente), como na canalización dos recursos (con financiamento a longo prazo e anticipada). Entre as últimas iniciativas impulsadas polo banco neste ámbito destaca a organización dunha xornada divulgativa sobre o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) do sector agroalimentario, coa participación de Next Generation ABANCA, Analistas Financeiros Internacionais (AFI) e a Unidade de Seguimento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

30-03-2023
Negocio

A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo.

20230329-abanca-poligonos

ABANCA e as principais organizacións agrarias de León renovan a súa colaboración con estratexias para reactivar o sector

27-03-2023
Negocio

ABANCA segue reforzando o seu compromiso co sector primario leonés e traza, un ano máis, unha estratexia en común con ASAJA León, UCALE-COAG León, UCCL León e UGAL-UPA León para reactivar o sector e responder aos seus desafíos

20230327-abanca-convenios-leon-asaja-01

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)