• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA únese a Pensium para ofrecer aos mayores unha solución para pagar a residencia co aluguer da súa vivenda

  • A entidade financeira incorpora ao seu programa ‘Vive a Vida’ o innovador servizo que permite custear o coidado dos maiores dependentes sen comprometer o seu patrimonio
  • O cliente sempre mantén a propiedade do inmoble, que lle cede a Pensium para alugalo e adiantarlle o importe necesario para completar o pago dun centro xeriátrico
20211026-abanca-r4

Sede corporativa de ABANCA en Madrid.

Descarga en alta resolución

26-10-2021
Negocio RSC

ABANCA ampliou a oferta do seu programa ‘Vive a Vida’, dirixido ao colectivo de persoas maiores, cun novo servizo enfocado a atender necesidades derivadas da dependencia. Grazas a un acordo con Pensium, a entidade financeira pon á disposición dos seus clientes a innovadora solución impulsada por esta compañía, que rendibiliza mediante o alugueiro a vivenda da persoa dependente para que poida complementar os seus ingresos e, desta forma, sufragar o custo dunha praza nun centro xeriátrico.

O novo sistema de financiamento diríxese especialmente a persoas maiores de 75 anos con vivenda en propiedade que, polo seu grao de dependencia, requiren de axuda para as tarefas habituais do seu día a día. Mediante esta nova fórmula, a persoa maior cede a Pensium a xestión do alugueiro da súa vivenda e, a cambio, este anticípalle o importe necesario para cubrir o gasto da súa asistencia xeriátrica (ata o dobre do alugueiro mensual).

Grazas a esta alternativa, a familia pode cubrir o custo dunha residencia sen gastar os seus aforros nin poñer en risco a propiedade da vivenda do maior. No caso de que sexa necesario, poden financiar tamén reformas no inmoble para alugar, así como os seguros.

O novo servizo, personalizado para cada cliente, xa está dispoñible na rede de oficinas e web de ABANCA. Tras a súa contratación, a persoa maior dependente ten garantidas ata dez anos, cos alugueiros presentes e futuros, as achegas necesarias para completar o pago do centro xerontolóxico, aínda que nalgún momento non haxa inquilinos na súa vivenda. Ademais, a familia ou os herdeiros poden cancelar o programa en calquera momento, liquidando a débeda pendente.

Compromiso social

Ao incorporar esta nova oferta ao seu programa ‘Vive a Vida’), ABANCA reafirma o seu compromiso social co colectivo de persoas maiores e ofrécelle unha solución que dá resposta á necesidade de recursos económicos que comporta a dependencia. En concreto, esta nova fórmula intégrase no bloque do programa denominado ‘Asistencia’, do que tamén forman parte, entre outros, o servizo de teleasistencia no fogar e o seguro de dependencia.

Ademais destas solucións de asesoramento e asistencia, a oferta de ‘Vive a vida’ inclúe unha ampla gama de produtos e servizos dirixidos a persoas maiores de 55 anos, que dan cobertura ás súas necesidades e demandas financeiras, de lecer ou goce do tempo libre e crecemento persoal.

Sobre Pensium

Pensium é unha empresa B CorpTM cunha clara vocación de impacto social, que naceu a partir dun equipo de profesionais do sector de residencias, economistas, avogados e traballadores sociais, que se uniron para idear unha nova solución para o crecente número de persoas maiores dependentes. Tras meses de traballo pensando no benestar das persoas maiores e as súas familias naceu o Programa Pensium, como unha solución totalmente nova que permite pagar o custo da asistencia privada sen gastar os seus aforros e sen ter que desembolsar ningún diñeiro.

En 2020 Pensium gañou o primeiro premio mundial nos premios á Innovación Social que anualmente outorga a Fundación Mapfre.

Sobre ABANCA

ABANCA é unha entidade financeira con sede en Galicia que, desde a súa orixe, sitúa a responsabilidade social como un dos seus eixos estratéxicos. Mantén un firme compromiso coa sociedade e a contorna natural nas que opera, e concibe a sensibilidade social como un elemento inseparable da súa actividade financeira.

Neste modelo, as persoas maiores son un dos colectivos de atención prioritaria para o banco, un segmento de crecente peso en España e, particularmente, na comunidade galega. ABANCA é experta na atención a este colectivo, xa que presta servizo a preto de 800.000 clientes maiores de 55 anos, ademais de ter domiciliadas en Galicia unha de cada dúas pensións de xubilación.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Empresarios e representantes institucionais visitan a exposición da Colección ABANCA no Museo de Bellas Artes de Asturias

20-10-2021
RSC

Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, agradeceu a oportunidade de presentar a Colección ABANCA neste espazo e sinalou que “é un fito no percorrido da nosa colección”.

20211020-abanca-expo-asturias-1

'50 obras maestras de la Colección ABANCA', nova exposición do Museo de Bellas Artes de Asturias

13-10-2021
RSC

A mostra ofrece a posibilidade de realizar un amplo percorrido por un dos períodos máis apaixonantes e ricos da historia da arte contemporáneo: desde o xurdimento das primeiras vangardas artísticas, nas primeiras décadas do século XX, ata a actualidade, a través dunha selección de obras significativas da Colección de Arte do banco.

20211013-abanca-asturias-1

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 12 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 12 - Pontevedra

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)