• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA únese ao Clúster Marítimo de Canarias para potenciar a economía azul na rexión

  • O banco pon os seus servizos financeiros e o seu coñecemento especializado á disposición dos asociados do clúster e promoverá iniciativas para o desenvolvemento sostible da industria marítima canaria
20230807-abanca-cmc

O acordo foi asinado por María del Carmen Peral Escobio, directora de empresas de Canarias en ABANCA, e Vicente Marrero, presidente do Clúster Marítimo de Canarias.

Descarga en alta resolución

07-08-2023
Negocio

O Clúster Marítimo de Canarias (CMC) acaba de ratificar a entrada de ABANCA como novo socio estratéxico durante a súa última Asemblea Xeral Extraordinaria. O acordo foi asinado por María del Carmen Peral Escobio, directora de empresas de Canarias en ABANCA, e Vicente Marrero, presidente do clúster, quen acaba de renovar o seu cargo.

Con esta firma, ABANCA reforza o seu compromiso co desenvolvemento da economía azul e, máis especificamente, co fomento dos subsectores marítimos en Canarias, incluíndo a reparación naval, o transporte marítimo, infraestruturas e servizos portuarios, enerxías renovables mariñas, náutica deportiva e de lecer, pesca e acuicultura.

A entidade financeira, mediante a súa unidade especializada ABANCA Mar, poñerá á disposición de todos os asociados do clúster os seus servizos financeiros e promoverá iniciativas para o desenvolvemento de novos proxectos vinculados á economía azul. “Esta colaboración estratéxica implica un compromiso para traballar conxuntamente no crecemento sostible da industria marítima canaria”, explica Javier Fraga, director de ABANCA Mar.

Novas oportunidades de crecemento para as empresas asociada

O Clúster Marítimo de Canarias busca favorecer o desenvolvemento e a competitividade internacional do sector mariño-marítimo de Canarias, baseándose en valores como a cooperación, o compromiso, a comunicación e a competitividade. As actividades do clúster inclúen a vinculación entre os distintos actores do sector; o acceso a proxectos de interese común a nivel nacional, europeo e internacional; a identificación de tendencias e necesidades do mercado, e a facilitación de alianzas nacionais e internacionais. Ademais, proporciona acceso a información relevante para o sector a través de xornadas informativas, webinars e asistencia exclusiva para os asociados.

A inclusión de ABANCA como socio do clúster é un paso importante para fortalecer a economía azul na rexión e brindar novas oportunidades de crecemento e desenvolvemento ás empresas asociadas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e APROMAR fixan unha estratexia de colaboración para o fomento da acuicultura

18-07-2023
Negocio

ABANCA e a Asociación Empresarial Española de Acuicultura (APROMAR) avanzan nunha estratexia compartida para afrontar os retos e oportunidades do sector.

20230718-abanca-convenio-apromar

ABANCA potencia a súa rede de axentes financeiros para crecer no negocio patrimonial

06-07-2023
Negocio

A entidade marcouse como obxectivo ata 2027 posicionar esta canle entre as primeiras redes axenciais do mercado, cun modelo complementario no que prima a calidade de servizo ao cliente.

20230706-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.