• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

As políticas de igualdade de ABANCA son recoñecidas pola Fundación Adecco

  • A entidade financeira recibe o galardón á “Mejor práctica para la transformación cultural en diversidad e inclusión” na sexta edición dos Premios a la Diversidad e Inclusión
  • O premio recoñece o programa ABANCA Iguales, a iniciativa do banco en materia de equidade, pola súa capacidade para "lanzar accións de sensibilización e concienciación contra os prexuízos"
20230712-abanca-premio-adecco

A directora xeral de Capital Humano de ABANCA, María Camino (segunda pola dereita), e a xerente de Capacitación do banco, Silvia Mourino (primeira pola dereita), durante aa entrega do premio.

Descarga en alta resolución

20230712-abanca-premio-adecco-2

De esquerda a dereita, a directora xeral de Capital Humano de ABANCA, María Camino, e a xerente de Capacitación do banco, Silvia Mourino.

Descarga en alta resolución

12-07-2023
Corporativo

As políticas de igualdade de ABANCA foron recoñecidas como “Mejor práctica para la transformación cultural en Diversidad e Inclusión” na sexta edición dos Premios a la Diversidad e Inclusión que concede a Fundación Adecco, xunto co Club de Excelencia en Sostenibilidad. O fallo deste galardón deuse a coñecer esta mañá nun acto celebrado no Círculo de Belas Artes de Madrid e no acto de entrega do premio participaron a directora xeral de Capital Humano de ABANCA, María Camino, e a xerente de Capacitación do banco, Silvia Mourino.

O xurado dos Premios a la Diversidad e Inclusión valorou positivamente a determinación de ABANCA por "poñer en marcha accións de sensibilización e concienciación que contribúan a reducir os prexuízos inconscientes". Con este galardón, ABANCA consolida o traballo dos últimos dous anos en materia de igualdade e ve recoñecido o seu compromiso coas accións que buscan un acceso máis equitativo ás oportunidades laborais dentro do banco.

A entidade financeira centrou os seus esforzos na igualdade e a diversidade a través do seu programa ABANCA Iguales. Creado en 2022 ao abeiro do “Plan de Igualdade de Trato e Oportunidades”, consensuado coa maioría da representación legal do persoal, trátase dunha proposta formativa dinámica e adaptada ás expectativas de cada persoa. Nas súas dúas tempadas, permitiu que o debate xire en torno a diferentes materiais audiovisuais e diversos encontros con profesionais especializados na inclusión. Todo iso coa única idea de reflexionar sobre ideas preconcibidas para avanzar na construción dunha entidade máis inclusiva e equitativa.

Este premio consolida a ABANCA como unha das empresas máis comprometidas co talento diverso e corrobora o éxito das accións dirixidas a promover a igualdade de oportunidades no ámbito laboral.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA aproba a xestión e as contas de 2022

26-06-2023
Corporativo

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA, presidida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, aprobou esta mañá, na súa reunión anual ordinaria, as contas anuais de 2022 e a xestión da entidade no ámbito da responsabilidade corporativa durante o pasado exercicio.

20230626-abanca-junta-accionistas

O presidente e o CEO de ABANCA abordan con empresarios leoneses a súa visión da situación económica actual

12-06-2023
Corporativo Negocio

ABANCA celebrou hoxe en León unha xornada corporativa co obxectivo de recoñecer os logros da dirección territorial do banco na provincia e manter reunións con representantes do tecido económico local.

20230612-abanca

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 25

Observatorio ABANCA - entrega 25

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.