As tarxetas de ABANCA multiplican as súas vantaxes cos descontos do novo EURO 6000 Plus
- A entidade convértese nun dos primeiros bancos en integrar este novo sistema de bonificacións directas, reembolsos e ofertas exclusivas
- Os titulares dos medios de pago de ABANCA poderán acceder ao catálogo de beneficios e recompensas directamente desde a súa banca móbil
![20240416-abanca-euro6000 20240416-abanca-euro6000](/img/internas/20240416-abanca-euro6000-d82195c1.jpg)
O novo programa EURO 6000 Plus xa está dispoñble para todos os titulares de tarxetas de ABANCA.
As tarxetas de ABANCA incorporan desde hoxe todas as vantaxes do novo EURO 6000 Plus, o programa de beneficios que substitúe a Privilexios EURO 6000. ABANCA convértese nun dos primeiros bancos en ofrecer aos seus titulares de medios de pago o acceso a importantes descontos directos, reembolsos e ofertas exclusivas.
O programa EURO 6000 Plus arrinca hoxe con máis de 130 ofertas, susceptibles de ser ampliadas, que se clasifican en 13 categorías tan populares como viaxes, lecer ou moda e con empresas tan coñecidas como Decathlon, Booking.com, Just Eat, Cinesa, Ikea ou Media Markt, entre moitas outras.
En función da modalidade de cada oferta, os descontos serán directos e os clientes poderán ver os prezos definitivos simplemente seguindo a ligazón desde a súa banca móbil. Noutros casos, o desconto realizarase mediante un cashback, é dicir, despois da compra abonarase directamente na súa tarxeta o importe do desconto, sen que o cliente teña que facer nada.
O acceso a EURO 6000 Plus é totalmente gratuíto e inmediato para os titulares de tarxetas de crédito ou débito de ABANCA. Os clientes só terán que rexistrarse no novo programa, un sinxelo trámite que agora realízase desde a aplicación de banca móbil de ABANCA.
Precisamente unha das novidades deste programa de descontos é que toda a información está integrada na aplicación oficial do banco. Os clientes poderán acceder ao catálogo de descontos e reembolsos ou buscar unha oferta, realizar compras e tamén consultar toda a información relacionada aos reembolsos percibidos ou o diñeiro aforrado.
O resultado do EURO 6000 Plus é froito dunha extensa fase de investigación por parte de todas as entidades que forman parte de EURO 6000, na que se escoitou aos clientes e se tiveron moi en conta as súas expectativas para mellorar a súa experiencia.
Para favorecer as inscricións no novo programa, activáronse unha selección de ofertas especiais cun desconto superior ao dispoñible no catálogo de ata un 10%. Ademais, os clientes que migren desde o antigo programa de fidelización e realicen unha compra neste primeiro mes, beneficiaranse dun abono de cinco euros.