• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Comeza o XXVI Premio San Clemente Rosalía-ABANCA coa presentación das nove obras finalistas

  • Leila Slimani, Auður Ava Ólafsdóttir e Colson Whitehead son as autoras e autores seleccionados na categoría de lingua estranxeira
  • En lingua castelá, o galardón decidirase entre Sara Jaramillo Klinker, Karina Sainz Borgo e Juan Tallón
  • María Rei Vilas, Berta Dávila e Xesús Fraga, finalistas na categoría de lingua galega
20220713-abanca-1

Descarga en alta resolución

20220713-abanca-2

Descarga en alta resolución

13-06-2022
RSC

A XXVI edición do Premio San Clemente Rosalía-ABANCA deu comezo hoxe coa presentación das nove novelas finalistas nas tres categorías establecidas no certame: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira.

As profesoras do IES Rosalía de Castro Marta Gende e Rosa López foron as encargadas de dar a coñecer as obras e autores entre os que se decidirán os gañadores. Fixérono nunha rolda de prensa na que tamén participaron a presidenta da Asociación Cultural Instituto Rosalía, Maribel Martín; o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o coordinador Institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño.

As novelas finalistas desta nova edición do certame literario son as seguintes:

Categoría Lingua Galega:

  • ‘Flores de ferro’ de María Rei Vilas (Ed. Galaxia)
  • ‘Illa Decepción’ de Berta Dávila (Ed. Galaxia)
  • ‘Virtudes (e misterios)’ de Xesús Fraga (Ed. Galaxia)

Categoría Lingua Castelá:

  • ‘Donde cantan las ballenas’ de Sara Jaramillo Klinker (Ed. Lumen)
  • ‘El tercer país’ de Karina Sainz Borgo (Ed. Lumen)
  • ‘Rewind’ de Juan Tallón (Ed. Anagrama)

Categoría Lingua Estranxeira:

  • ‘El país de los otros’ de Leila Slimani (Ed. Cabaret Voltaire)
  • ‘La escritora’ de Auður Ava Ólafsdóttir (Ed. Alfaguara)
  • ‘Los Chicos de la Nickel’ de Colson Whitehead (Ed. Random House)

O premio retoma así a normalidade tras ter que cancelar o acto de entrega da XXV edición por culpa da pandemia.

A autora e os autores gañadores desa edición que tivo que ser suspendida: Emma Pedreira, por ‘Besta do seu sangue’; Carlos Busqued, por ‘Magnetizado’, e Antonio Manzini, por ‘7-7-2007’, recibirán o seu premio nunha gala conxunta cos escritores e escritoras que resulten galardoados na convocatoria actual.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.