• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

DBRS mellora un chanzo o rating de ABANCA até BBB high con perspectiva estable

  • A axencia de cualificación basea a súa decisión na diversificación dos ingresos recorrentes, a calidade dos activos e a sólida posición de financiamento e liquidez
20220621-abanca-4

Descarga en alta resolución

21-06-2022
Financiero

A axencia de cualificación DBRS Ratings GmbH (DBRS Morningstar) aumentou un chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA de BBB a BBB high, á vez que mantivo a súa perspectiva estable. O rating emisor a curto prazo incrementouse de R-2 (high) a R-1 (low).

Na súa decisión, a axencia recoñeceu a mellora continua e a diversificación dos ingresos recorrentes, apoiados por unha adecuada integración das adquisicións realizadas nos últimos anos. DBRS tamén destacou na súa avaliación que a calidade dos activos da entidade (mellor que a dos seus comparables nacionais) foi determinante para decidir esta nova subida de rating.

Tendencia positiva a pesar da contorna económica actual

Ao longo dos últimos meses, a pesar da complicada contorna económica, a traxectoria de ABANCA segue sendo valorada positivamente por todas as axencias de rating que a cualifican, o que a converteu na entidade que máis mellorou as súas cualificacións nos últimos anos. ABANCA conta desde abril de 2022 con grao de investimento nos ratings das catro axencias que a cualifican: Moody´s, Fitch, DBRS e S&P. No caso de DBRS, a nova cualificación sitúase só un chanzo por baixo do rango A (low) - A (high).

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

ABANCA e ARVI reforzan a súa colaboración con alternativas de pago áxiles no ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’

07-07-2022
Financiero

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acaban de asinar un acordo de colaboración no que se destacan as solucións de pago desenvolvidas en conxunto para a cuarta edición do ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’.

20220607-abanca

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)