• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Educa e ABANCA entregan os VI Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2022

  • Á gala asistiron o presidente da Xunta de Galicia, a ministra de Educación, o presidente de Afundación e reitor da UIE, e o director xeral da plataforma Educa, entre outras autoridades
  • A plataforma educativa e a Obra Social do banco recoñecen a importancia do papel que desempeñan os docentes na sociedade
20230304-educa-01

Foto institucional dos profesores galardoados as autoridades que asistiron á gala de entrega.

Descarga en alta resolución

04-03-2023
RSC Sostenibilidad

A plataforma educativa Educa e a Obra Social ABANCA entregaron esta tarde na Sede de Afundación da Coruña os VI Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de 2022.

Educa, en colaboración con Afundación, impulsa desde 2017 esta iniciativa co fin de render unha merecida homenaxe a todos os profesionais do ámbito educativo que desempeñan o seu labor nas diferentes etapas da formación académica regrada e tamén na educación non formal.

A gala de entrega desta sexta edición dos galardóns reuniu a 250 persoas entre premiados, docentes e un nutrido grupo de representantes institucionais entre os que se atopaban o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; o conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA, reitor da Universidad Intercontinental de la Empresa e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral da plataforma Educa, Víctor Arufe.

Ademais de entregar o galardón aos sete docentes premiados nas diferentes categorías establecidas, na gala realizouse un recoñecemento especial a todos os profesores e profesoras que quedaron finalistas. En total, 61 profesionais que desenvolven o seu traballo en localidades de diferentes puntos da xeografía española foron distinguidos pola súa boa práctica docente e a dedicación á súa profesión.

Ana María González Herrera, profesora no CEIP Maestro Eduardo Lobillo de Rota (Andalucía) recolleu o premio na categoría de Educación Infantil. Luis Gutiérrez Martín, mestre no Colegio Marista San José de León (Castilla y León), foi o gañador na categoría de Educación Primaria. Susana Díaz Morcillo, profesora no IES José Manzano de Don Benito (Extremadura), recibiu o galardón no apartado de Educación Secundaria. Alberto Castellano Barragán, docente no IES Virgen de la Esperanza de La Línea de la Concepción (Andalucía), foi recoñecido na categoría de Formación Profesional. Rubén Martínez Sánchez, mestre nos centros ONG Mentor e Lideria International School de Puerto Lumbreras (Murcia), alzouse co premiona categoría de Educación non formal. Por último, Manuel Cuadrado García, profesor na Universidad de Valencia (Comunidad Valenciana), objetivo o recoñecemento na categoría de Universidade.

Cada un recibiu unha figura conmemorativa EDUCA, un diploma acreditativo e un premio en metálico.

Como broche final, entregouse a mención honorífica á traxectoria docente a María Pilar Montero Yus, profesora xubilada que dirixiu o CEIP Nertóbriga de La Almunia de Doña Godina (Zaragoza).

Convocada a sétima edición dos Premios EDUCA ABANCA

Coincidindo coa gala de entrega de galardóns aos mellores docentes de 2022 abriuse o prazo para presentar candidaturas para a sétima edición dos premios, que distinguirán aos profesores que destaquen pola súa boa praxe profesional en 2023.

Calquera estudante pode propoñer para o galardón ao docente que admire pola súa entrega á profesión e o traballo que realiza a través do formulario dispoñible na web www.plataformaeduca.org. No caso das categorías de Educación Infantil e Primaria serán as familias as que deban realizar as propostas.

Os Premios EDUCA ABANCA teñen como obxectivo mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado e ás súas familias á hora de recoñecer a aqueles profesores que destaquen polo seu bo facer. A iniciativa permite enxalzar a figura do bo docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Bankoa ABANCA colabora na recuperación do bosque autóctono de Urdaibai

04-03-2023
RSC Sostenibilidad

Medio centenar de persoas voluntarias do banco participaron nunha actividade de plantación organizada coa Fundación Lurgaia.

20230304-plantacion-bankoa-abanca-urdaibai-01

Publicada a entrega 23 do Observatorio ABANCA by IESIDE

16-01-2023
RSC

A vixesimoterceira entrega do Observatorio ABANCA by IESIDE analiza o periodo ata o 16 de xaneiro de 2023.

20230116-abanca-observatorio-4-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada de limpeza de microplásticos na praia de Zarautz

22.10.2022. Medio centenar de persoas voluntarias participaron na recollida de residuos, que foi a primeira actividade de ...

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 23

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 23

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)