• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Fitch mellora un chanzo o rating de ABANCA e sitúao en grao de investimento

  • A axencia estadounidense basea a súa decisión na mellora continua da calidade dos activos e o fortalecemento do resto de magnitudes da entidade
  • Son xa dúas as axencias que sitúan o banco en grao de investimento
  • ABANCA continúa en 2019 a tendencia positiva do ano pasado, no que recibiu oito accións de rating positivas de catro axencias
20180525-abanca-rating

Descarga en alta resolución

19-03-2019
Financiero

A axencia de cualificación Fitch Ratings elevou o rating a longo prazo de ABANCA un chanzo, de BB+ a BBB-, o que supón situar a entidade financeira na categoría de grao de investimento. A entidade galega entra no grupo de entidades cualificadas con grao de investimento por Fitch, entre as que se atopan os principais bancos nacionais.

A axencia recoñeceu o continuo bo desempeño que veu mostrando ABANCA desde o seu lanzamento en 2014. En concreto, Fitch recoñece que “a xeración de ingresos mellorou estruturalmente impulsada polo crecemento do crédito e o maior volume de produtos fóra de balance”.

Ademais, Fitch Ratings basea a súa decisión na mellora da calidade dos activos de ABANCA, a súa sólida posición de capital e liquidez, e o fortalecemento da súa franquía. A axencia tamén valora positivamente as recentes adquisicións de Deutsche Bank Portugal e Banco Caixa Geral, na medida en que contribuirán a diversificar e reforzar a capacidade de xeración de ingresos.

Segue a tendencia á alza

ABANCA inicia 2019 na mesma liña de mellora de cualificacións seguida ao longo de todo o pasado exercicio.

Á acción anunciada hoxe por Fitch Ratings únese a mellora na cualificación das cédulas hipotecarias comunicada onte por S&P, que as situou na máxima nota posible.

En recoñecemento da súa boa evolución, o banco recibiu en 2018 un total de oito accións positivas por parte das catro axencias que o cualifican.

Tras esta acción, ABANCA conta xa con dous ratings na categoría de grao de investimento entre o catro axencias recoñecidas polo Banco Central Europeo.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha a primeira emisión de bonos AT1 de 2021 con sobredemanda e a un tipo de xuro moi reducido

07-01-2021
Financiero

A emisión, que alcanza os 375 millóns de euros, contou con peticións por máis de 2.100 millóns, cantidade que multiplica por 5,7 a oferta.

20210107-abanca-emision-at1

ABANCA comeza a financiar con aval do Estado a empresas e autónomos afectados pola emerxencia

27-03-2020
Financiero

ABANCA formalizou hoxe venres as primeiras operacións de financiamento con aval de Estado dirixidas a facer fronte ás consecuencias do COVID-19 sobre a actividade de empresas e autónomos.

20200324-abanca

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)