• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Francisco Botas asume a dirección xeral corporativa de NCG Banco

Francisco Botas

  • O equipo directivo que foi consensuado darase a coñecer nos vindeiros días
23-03-2014
Corporativo

O Grupo Banesco nomeou a Francisco Botas Ratera como director xeneral corporativo de NCG Banco coa misión de orientar a entidade cara a unha banca tradicional, sustentable e comprometida co desenvolvemento económico e social de Galicia. A designación de Francisco Botas permite ao Grupo Banesco tomar as decisións necesarias para acelerar o lanzamento do novo proxecto e mellorar o servizo aos clientes.

O equipo directivo que acompañará a Francisco Botas foi acordado despois de concluír todas as avaliacións técnicas e darase a coñecer nos próximos días. No novo organigrama primarase o talento dos empregados tanto do Banco Etcheverría como de NCG Banco.

A decisión, tomada a proposta do FROB, prodúcese nestes momentos porque o período intermedio previsto no contrato de compravenda de NCG vaise extender máis aló da primeira estimación, á espera da aprobación definitiva por parte da Comisión Europea.

Francisco Botas Ratera (Ferrol, 1967) é licenciado en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito pola Universidade Pontificia Comillas (ICADE E-3) e alcanzou un C. Degree en International Business Finance na Berkeley University. Comezou a súa vida profesional como auditor en KPMG Peat Marwick. En 1992 incorporouse a Mac Group-Gemini como consultor de Estratexia Corporativa e Finanzas e en 1996 entra en Inditex coa responsabilidade de Business Manager no Departamento Internacional.

En 1998 ficha polo Banco Etcheverría como director xeneral e en 2007 é nomeado conselleiro delegado.  Baixo a súa xestión, e con Javier Etcheverría como presidente, o Banco Etcheverría viviu o maior crecemento dos seus trescentos anos de historia, e converteuse nun referente en España polo seu modelo de xestión baseado na banca tradicional e os valores da prudencia, proximidade, servizo e transparencia. Valores que permitiron ao Banco Etcheverría afrontar os últimos anos de crise cos mellores ratios do sector financeiro en España.

Francisco Botas negociou a entrada de Banesco como principal accionista do Banco Etcheverría en decembro de 2012. En maio de 2013, Banco Etcheverría Grupo Banesco formalizou a compra de 67 oficinas de NCG Rede Neve fora de Galicia. En decembro de 2013, e despois dun duro proceso de privatización,  Grupo Banesco resulta adxudicatario de NCG Banco co compromiso de manter a xestión, a sede, a obra social en Galicia, e o emprego. A entidade aborda a concesión de novos créditos a familias e pemes por un importe superior aos 12.500 millóns de euros.

A súa sintonía con Juan Carlos Escotet, presidente do Grupo Banesco, é total. Tanto Juan Carlos Escotet como Francisco Botas explicaron nos últimos meses que o seu obxectivo é crear un grupo líder no mercado bancario do noroeste, capaz de fortalecer os lazos económicos entre España e Latinoamérica.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.