• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Francisco Botas impulsa as medidas de ABANCA de apoio aos maiores e ao mundo rural de Ourense

  • O conselleiro delegado da entidade reúnese na Dirección Territorial e visita a oficina principal de Ourense e outras dúas en Ribadavia e Leiro
  • A entidade financeira é líder na provincia, cunha cota de mercado do 47% e unha cobertura da poboación do 94%
  • O compromiso de ABANCA con Ourense tradúcese en actividades sociais e patrocinios deportivos e socioculturais
20220304-abanca-ourense-3

Visita do conselleiro delegado de ABANCA á oficina da entidade en Ribadavia.

Descarga en alta resolución

20220304-abanca-ourense-3

Visita do conselleiro delegado de ABANCA á oficina principal da entidade en Ourense.

Descarga en alta resolución

20220304-abanca-ourense-2

Visita do conselleiro delegado de ABANCA á oficina da entidade en Leiro.

Descarga en alta resolución

04-03-2022
Corporativo

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, reuniuse hoxe co equipo da entidade en Ourense. No encontro analizáronse as últimas accións emprendidas na provincia, moitas delas referidas á atención dos clientes de maior idade.

Unha das medidas que entrou en vigor en febreiro foi a ampliación do horario de atención en ventanilla até as 14.00 horas para os clientes maiores que o necesiten. ABANCA asigna, ademais, un xestor persoal ás persoas maiores que pola súa situación e capacidades dixitais requírano para dar resposta ás súas necesidades financeiras. A estas decisións engádese que todos os caixeiros dispoñen de menús adaptados para facilitar o seu acceso ás persoas con dificultades.

Tras a reunión, Francisco Botas entrevistouse co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, ao que trasladou o compromiso da entidade financeira galega coa provincia, e en especial co seu medio rural. ABANCA comprometeuse a non pechar ningunha oficina nos 56 municipios ourensáns nos que é a única entidade.

Ao longo da mañá, o CEO de ABANCA visitou as oficinas de Ourense (principal), Ribadavia e Leiro. Nelas, intercambiou impresións cos empregados sobre a súa actividade diaria, a atención proporcionada aos colectivos con necesidades específicas, como os maiores, e repasou as prioridades e proxectos do banco de cara aos próximos meses.

Primeira entidade da provincia

En Ourense ABANCA é líder tanto en cota de mercado, cunha cifra do 47%, como en cobertura da poboación, cun nivel do 94%.

Con máis de 200.000 clientes e un investimento crediticio de 1.284 millóns de euros, ABANCA é o actor clave na prestación de servizos financeiros en Ourense. Conta na provincia con 80 oficinas, o 53% do total, e está presente en 70 dos seus 92 concellos, en 56 deles como única entidade. En Ourense están situados o 61% dos 134 concellos galegos nos que ABANCA é a única entidade.

ABANCA é tamén a entidade con maior chegada á contorna rural de Ourense. O 65% das súas oficinas na provincia están situadas en municipios de menos de 5.000 habitantes (fronte ao 7% no conxunto do resto de entidades). ABANCA é ademais a única entidade con presenza en municipios de menos de 1.000 habitantes e é titular do 97,5% das situadas en localidades de menos de 2.000 persoas.

O investimento de ABANCA no sector agro ourensán creceu un 6,5% en 2021; é líder en domiciliación de axudas PAC, e mantén convenios de colaboración con diferentes GDRs (grupos de desenvolvemento rural), consellos reguladores e asociacións de produtores.

Tecido económico, deporte e cultura

O vínculo de ABANCA coa provincia de Ourense tradúcese tamén na colaboración con numerosas entidades do tecido económico, como a Fundación Expourense, a Confederación Empresarios de Ourense (CEO), os diferentes Consello Regulador con sede na provincia, a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao das Viñas, a maioría dos colexios profesionais da provincia, os Grupos de Desenvolvemento Rurais, a Asociación Novas Empresarios de Ourense, a Federación de Comercio de Ourense, e o comercio local de diversos concellos ourensáns.

ABANCA é ademais un axente impulsor da innovación e o desenvolvemento económico a través do Centro ABANCA Innova Ourense e co Plan Re-Activamos Ourense en colaboración coa Deputación de Ourense.

Polo que respecta a Afundación, a Obra Social de ABANCA, durante o últimos catro anos a entidade dedicou a Ourense fondos por un importe de 4 millóns de euros. As actividades desenvolvidas chegaron a máis de 104.000 beneficiarios, cunhas medias anuais de máis de 20.000 beneficiarios en actividades socioculturais, máis de 1.500 en accións educativas e 4.500 en actividades para maiores. Nos seus diferentes espazos, Afundación pon a disposición da cidadanía de Ourense máis de 4.300 metros en espazos como son a Sede Afundación Ourense, a Sala de exposicións Afundación Ourense e Espazo+60 Ourense.

ABANCA patrocina a 14 equipos ourensáns de nove disciplinas deportivas diferentes. Ademais, apoia a celebración de diferentes eventos deportivos, como a Semana ABANCA de deportes náuticos (Copa de España de Esquí Náutico) ou a Gold River Race, e patrocina aos diferentes clubs deportivos a través do Programa ABANCA Deporte Base. No ámbito sociocultural, ABANCA patrocina o Festival de Cinema de Ourense, a Mobile Week Ourense e diferentes festas de interese autonómico e nacional.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA ratifica o seu compromiso co proxecto ademarista

02-03-2022
Corporativo

O director territorial de ABANCA en Castela e León/Asturias, Marcos Lamas, reuniuse na oficina principal da entidade en León cos xogadores, corpo técnico e equipo directivo do Ademar.

20220302-abanca-apoyo-ademar

Javier Alonso Ruiz-Ojeda, novo conselleiro independente de ABANCA Vida y Pensiones

22-02-2022
Corporativo

O novo conselleiro da compañía aseguradora do Grupo ABANCA está considerado un especialista internacional en banca e mercados financeiros, especialmente nos ámbitos de operacións, pagos, mercados, regulación e supervisión.

20220222-abanca-seguros

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Francisco Botas

2021.12.02. Declaracións do conselleiro delegado de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, ...

Tecnoloxía con propósito e un liderado cercano, elementos indispensables para a reconstrución con propósito segundo Miguel Ángel López e Francisco Botas en #LíderesResponsables, moderado por Francisco Román

03.06.2021. Celebrouse a vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables, diálogos entre a alta dirección sobre os retos ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)