• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Gran éxito da Orquestra ABANCA ReSuena no seu primeiro concerto de Nadal

20161220-abanca-resuena-navidad-01

A Orquestra ABANCA ReSuena ao completo no escenario do Palacio de la Ópera da Coruña.

Descarga en alta resolución

20161220-abanca-resuena-navidad-03

Os nenos e nenas concentrados durante o concerto para demostrar as habilidades adquiridas durante as clases.

Descarga en alta resolución

19-12-2016
RSC

A música da película 'Piratas do Caribe' e a que hai case douscentos anos escribiu Beethoven para a súa 'Novena sinfonía' compartiron atril no concerto que 174 nenos e nenas do proxecto social ABANCA ReSuena ofreceron o domingo 18 de decembro no Palacio de la Ópera da Coruña.

O concerto serviu ao público asistente para contaxiarse do entusiasmo dos 164 alumnos de entre 5 e 17 anos e dos 22 profesores que forman parte dunha iniciativa posta en marcha en 2014 pola Sinfónica de Galicia co apoio de ABANCA e polo que a entidade xa foi recoñecida co II Premio á Excelentia como empresa comprometida co apoio á cultura.

No concerto participaron nenos e nenas do proxecto ABANCA ReSuena que se desenvolve na actualidade no Centro Cívico Monte Alto, o CEIP Alborada en Elviña e o colexio Nosa Señora do Rosario, co seu coro de mans brancas.

Baixo a dirección do director artístico e musical do proxecto, Diego Zecharies —contrabaixo principal da OSG ademais de solista de prestixio internacional os estudantes de música de ABANCA ReSuena enfrontáronse a un variado repertorio no que houbo de todo: dende a música da película 'Piratas do Caribe' á inconfundible e universal melodía do 'Himno á alegría', tema central do último movemento da 'Sinfonía nº 9' de Ludwig van Beethoven, e no que participou tamén o Coro de Mans Brancas do colexio Nosa Señora do Rosario. Ademais, nos atrís dos nenos e nenas de ABANCA ReSuena houbo tamén música da ópera 'Rinaldo', de Georg F. Haendel, de temas populares como 'O Griliño' e 'O poliño', ademais dun dos temas máis populares do Nadal: 'Jingle Bells'.

O público que encheu o Palacio de la Ópera gozou tanto coa interpretación dos pequenos músicos que tiveron que repetir dúas das obras musicais.

ABANCA ReSuena é un proxecto social baseado nun modelo ético, ocupacional e artístico no que a música e a súa práctica en común no seno dunha orquestra é o nexo de unión e integración entre nenos e nenas de todos os estratos sociais, económicos e culturais.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.